Verificado

Bandeira Galega

Obelisco

Existen diferentes teorías sobre a orixe da bandeira de Galiza, e unha delas a relaciona directamente coa zona da Mariña coruñesa.

En 1845 unha Real Orde do Goberno mandaba a todos os mercantes levar o distintivo da provincia marítima na que estivera matriculado o buque. No caso da Coruña, a bandeira adoptada foi unha cruz de santo André azul sobre fondo branco.

Morriñentos, os emigrantes de alén do mar lembrábanse desta bandeira ondeando no porto da Coruña como derradeiro símbolo da súa terra que viran, e comezaron a utilizalo como oficiosa bandeira galega. Mais non eran os únicos en empregala: o distintivo da Armada Rusa era -e segue a ser- exactamente igual a aquela primitiva bandeira galega. Como gañarlle aos rusos non era unha opción realista, o goberno español mutilou, nunha lei de 1891, a bandeira do porto coruñés. Quitoulle un dos brazos, converténdoa na que agora coñecemos.


Imaxes:
- Ensina da Armada Rusa
- Antigo gravado do Centro Galego da Habana, coa bandeira coa cruz de santo André

Recursos audiovisuais

Bandeira Galega Bandeira Galega

Amplie categorías

Selecciona o tema correspondente: anecdota

Deixar un Comentario
Nome:
Email:
Comentarios:
Código de Seguridade:
20 + 8 =

Informes adicionáis

Urbano Lugrís. Pintor mariño.

12:52 Sep 09, 2015

Antigo café Vecchio na rúa Real, 0.1 Kms

A Pescadería dos Mareantes

12:30 Sep 14, 2015

Pescadería, 0.15 Kms

Ultramar

11:23 Sep 14, 2015

Sede da subdelegación do Goberno, 0.18 Kms

Igrexa e Hospital dos Mareantes

13:46 Sep 02, 2015

Igrexa Castrense, 0.24 Kms

Recheos

17:56 Sep 21, 2015

Recheo Mariña, 0.26 Kms