Verificado

A Pescadería dos Mareantes

Pescadería

A zona da Pescadería foi dende as súas orixes, e como o seu propio nome indica, un asentamento de pescadores.

Os "arrabales" da Cidade Alta constituían un núcleo cheo de vida, unha zona moi dinámica comparable coa de outros enclaves similares, como pode ser o de Caión, Ares ou Malpica.

Aquí residían os membros dun dos gremios referentes para a cidade, o dos mareantes. Santo André (o seu patrón) sería a rúa de vertebradora de toda a actividade, cun largo que ronda os vinte metros (ningunha outra rúa da Coruña a supera) e onde se chegou a situar o hospital e a capela do gremio.

A partir do s. XVIII, co desenvolvemento do comercio e a aparición de novas instalacións como a aduana e o consulado marítimo terrestre na zona, producirase unha revolución liberal que provocará que a burguesía comercial e industrial se queiran instalar tamén aquí. Comezará entón a loita polo espazo entre mareantes e burgueses.

Aparecen tamén na Pescadería edificacións acordes ás novas institucións: o Teatro Principal, a Deputación provincial, o mercado de San Agustín e o palacio municipal de María Pita. Pouco a pouco a burguesía irá gañando espazo e poder aos mariñeiros, rematando coa disolución do gremio a finais do s. XIX.

Amplie categorías

Selecciona o tema correspondente: histórico

Deixar un Comentario
Nome:
Email:
Comentarios:
Código de Seguridade:
19 + 1 =

Informes adicionáis

Bandeira Galega

18:29 Sep 21, 2015

Obelisco, 0.15 Kms

Trapos sucios

11:10 Sep 23, 2015

Orzán, 0.19 Kms

Urbano Lugrís. Pintor mariño.

12:52 Sep 09, 2015

Antigo café Vecchio na rúa Real, 0.21 Kms

Fronte de Terra

16:44 Aug 21, 2015

Avenida Pedro Barrié de la Maza, 0.25 Kms

Igrexa e Hospital dos Mareantes

13:46 Sep 02, 2015

Igrexa Castrense, 0.25 Kms