Verificado

Agra de Santo Amaro

Agra de San Amaro

Nunha entrevista realizada por Xurxo Souto, o percebeiro Milucho Mariñas contaba como estaba configurada a zona de San Amaro:

"O Club del Mar(...)aquí había un castillo antiguo e aquí á izquierda estaba a playa e á dereita había unha ría preciosa, unha ría moi bonita, o fondo era todo de arena. Despois estaba dividido o dos mariñeiros: os do Picho,(...)á parte dereita e os de San Amaro,(...) estaban á izquierda.

Bueno, aquí había un, un cantil,(...)un cantil vertical e había dúas casas de planta baixa no can[til], no cantil. A unha chamánbanlle o conde Cachuzas e outra o Relojero (...).

Bueno, pois desde aí se plantaba trigo, coliflores, espigas, patatas, eso era a Agra de San Amaro.(...) A carretera que iba á Torre era máis alta, alí, onde están os,(...)onde se xoga ao fútbol e tiña un hueco por debaixo que pasaba, pasaban os carros pa levar, pa levar...vamos o esterco e todas esas cousas. Esa é a historia da, da Agra de San Amaro."

Amplie categorías

Selecciona o tema correspondente: vexetación

Deixar un Comentario
Nome:
Email:
Comentarios:
Código de Seguridade:
10 + 9 =

Informes adicionáis

Club do Mar

18:04 Aug 21, 2015

Praia de San Amaro, 0.13 Kms

Antiga canteira

11:22 Sep 02, 2015

Antiga Canteira de Durmideiras, 0.37 Kms

Trenzenzonio

13:50 Sep 14, 2015

A Coruña, 0.42 Kms

A lenda de Santo Amaro

18:55 Sep 08, 2015

Santo Amaro, 0.45 Kms

O segundo faro

17:46 Sep 10, 2015

Monte Alto, 0.48 Kms