Verificado
A lenda de Santo Amaro
Santo Amaro
"Conta a lenda que Amaro era un home ao que un día unha raiola descubriulle no medio do océano a silueta dunha illa marabillosa, e embarcouse axiña cuns compañeiros na súa procura.
Navegaron por augas descoñecidas, cara ao interior do grande océano. Tras moitos esforzos foron quen de chegar a ela. Mais non atoparon xente nin cousa ningunha.
Amaro non se desanimou, subiu ao outeiro máis alto e divisou un gran valado. Seguiuno e encontrou a un velliño onda unha porta. O home lle dixo que detrás dela había un xardín ben fermoso, pero que non o podía deixar entrar. Tanto insistiu Amaro que ao final deixouno ollar un chisco pola fechadura. Abofé que era fermoso.
Cando volveu á praia non atopou aos compañeiros, tivo que regresar el só. Cando chegou ao porto non daba recoñecido a ninguén. Entón faláronlle dun home santo, Amaro, que había trescentos anos marchara cara a illa do paraíso, onde os segundos son eternidades."
Fontes:
- XURXO SOUTO, "Contos da Coruña". Edicións Xerais de Galicia, 2001
- XURXO SOUTO, "A cidade das lendas". Artigo do xornal "A Opinión de A Coruña", decembro 2001
Amplie categorías
Selecciona o tema correspondente: xenteReferencias externas
Informes adicionáis
Tascas mariñas
11:43 Sep 10, 2015
Barrios de Monte Alto, As Xubias de Abaixo, San Pedro de Visma e Santa Lucía, 0.27 Kms
Deixar un Comentario