Remate do primeiro módulo

O barro como argumento e a primavera como excusa. Ao pe do Petón, no Monte Xalo,e xusto a beira da torre de Celas de Peiro, en Culleredo. 25 persoas coas mans e os pes no barro. Houbo tamén tortillas, a paella de Lucas, viño da Casa O Rial, e un gratificante pero intermitente sol de maio.
Así foi que transcurriu unha fin de semana de revocos de barro na que Marta Salgado revelounos novos detalles dun material que permite revestimentos polivalentes, de sinxela adaptación e esencialmente naturais. Agardamos que toda a xente desfrutara e aprendera, polo menos, igual que o fixemos nós.

barro_01

barro_02

Posted in barro | Leave a comment

Novo obradoiro: revestimentos naturais

En Hábitat Social retomamos a formación en construción natural.
Estamos ultimando o noso seguinte obradoiro e nos próximos días lanzaremos a súa convocatoria. Tralo primeiro curso, dedicado á palla como sistema estrutural, neste a intención e afondar no coñecemento dos revestimentos naturais.
Así, falaremos da cal, do barro, e das pinturas naturais, de novo xuntando o punto de vista teórico (tipos, propiedades, usos, etc.) e o práctico (técnicas, acabados, etc, traballando coas nosas mans sobre un caso real).
Barro, cal, resinas naturais, silicatos… materias todas elas de orixe local, renovables, con moi baixo contido enerxético no seu ciclo de vida, e grandes aptitudes, que por distintos intereses e inercias non ocupan o lugar que merecen dentro das técnicas habituais de revestimento. Ben en interiores ou exteriores, en obra nova ou rehabilitación, en aplicación por profesionais ou por autoconstrutores, os revestimentos naturais son unha clara alternativa a cementos, xesos, resinas sintéticas, etc.
En breve, disporedes do programa, as datas e o custo do obradoiro. Estade atentas.

Posted in barro | Leave a comment

Bolsa de contactos

Xa estamos con novos obradoiros de construción natural na cabeza (recebos de barro, superadobe, palla, bambú, baños secos, fitodepuración…).

Mais para que saian adiante precisamos de xente interesada en asistir, así como de persoas que teñan pensado facer algunha pequena obra na súa propiedade e estean dispostas a que esta se convirta no obxecto da parte práctica dun curso. Por iso, parécenos que é operativo ter unha bolsa de contactos que facilite a posta en marcha dos obradoiros.

Así que, tanto se nos queres propoñer un tema sobre o que traballar, como se che gusta a idea de que esa obra que tes pendente se constrúa colectivamente durante un dos obradoiros, animámoste a que te comuniques connosco.

Ata pronto!

Posted in barro, palla | Tagged , , | Leave a comment

Xornada de remate

Este sábado 29 a partir das 10 da mañá parece que o sol nos acompañará, así que estaremos todo o día en Celas para rematar algunhas das cousiñas que nos quedaron pendentes.

Todas as persoas que queran acercarse (participaran ou non o obradoiro) serán benvidas.

Posted in palla | Leave a comment

Terceira xornada

Xornada completa de traballo. Durante a mañá, distribuidos en equipos colocouse o zuncho inferior e as jambas, rematouse o zuncho superior, tamizouse a arxila, prepararonse as varas de bambú de atado das fiadas, e preparouse o barro. Na tarde foronse colocando as balas de palla unha tras outra ata chegar a completar todos os muros.

Imaxe de (case) todo o equipazo
Posted in palla | Leave a comment

Primeiras xornadas

Primeiras duas xornadas de obradoiro. Durante a maña Carolina Martínez [bioconstruirme] mostrounos os aspectos constructivos, normativa, exemplos, materiais, técnicas, etc da construción natural en palla.

Na tarde comezamos polos traballos de carpintería e preparación do alpendre coa dirección de Gustavo Sánchez [GSM Servizos de Construción Natural]. Zunchos, as grapas da palla e marcos dos ocos.

Comezouse a preparar e cortar a palla, para maña deixala colocada.

Posted in palla | Leave a comment