Category Archives: barro

entradas do blogue do obradoiro de revocos de barro e pinturas naturais

Convocatoria para o módulo 2 do obradoiro: entrelazado.

cartaz_m2

Tralo módulo primeiro, retomamos a formación en sistemas de construción natural coa convocatoria para o segundo, que se centrará na técnica do entrelazado ou pallabarro.

De novo, o módulo proponse cunha duración de dous días e a asistencia é gratuíta, previa inscrición. Desta volta, o número máximo de prazas é de 15 persoas.

módulo 2: ‘entrelazado’

Esta técnica aplícase na construción de particións verticais. Consiste nun bastidor de madeira e mais un entramado interior de ramas, cañas ou barrotes que fai de soporte a unha mestura de palla e barro que, aplicada polas dúas caras, pecha o conxunto. Trátase dunha técnica tradicional moi estendida. Aparece con pequenas variantes na arquitectura popular de diferentes países, entre eles Galicia.

data:    mércores 21 e xoves 22 de xuño
lugar:     O Castro, parroquia de Corcoesto (Cabana de Bergantiños)
imparte:     Marta Salgado (Arqtesanía) (https://arqtesania.wordpress.com/)
organiza:     Hábitat Social, S. Coop. Galega
loxística:     posibilidade de acampar, dispoñibilidade de aseo e ducha, comida por conta de cada un (existe un bar a 1 km e restaurantes a 6 km)

inscrición: info@habitatsocial.coop

Posted in barro, palla | Leave a comment

Convocatoria para o módulo 2 do obradoiro: entrelazado

cartaz_2

Tralo módulo primeiro, retomamos a formación en sistemas de construción natural coa convocatoria para o segundo, que se centrará na técnica do entrelazado ou pallabarro.

De novo, o módulo proponse cunha duración de dous días e a asistencia é gratuíta, previa inscrición. Desta volta, o número máximo de prazas é de 15 persoas.

módulo 2: ‘entrelazado’

Esta técnica aplícase na construción de particións verticais. Consiste nun bastidor de madeira e mais un entramado interior de ramas, cañas ou barrotes que fai de soporte a unha mestura de palla e barro que, aplicada polas dúas caras, pecha o conxunto. Trátase dunha técnica tradicional moi estendida. Aparece con pequenas variantes na arquitectura popular de diferentes países, entre eles Galicia.

data:    luns 21 e martes 22 de xuño
lugar:     O Castro, parroquia de Corcoesto (Cabana de Bergantiños)
imparte:     Marta Salgado (Arqtesanía) (https://arqtesania.wordpress.com/)
organiza:     Hábitat Social, S. Coop. Galega
loxística:     posibilidade de acampar, dispoñibilidade de aseo e ducha, comida por conta de cada un (existe un bar a 1 km e restaurantes a 6 km)

inscrición: info@habitatsocial.coop

Posted in barro, palla | Leave a comment

Nova formación en sistemas de construción natural: ‘Ligth straw clay’ e entrelazado’

cartaz

Aproveitando á incorporación de técnicas construtivas non convencionais na rehabilitación dunha casa de campo que estamos levando a cabo, propoñemos unhas xornadas formativas para dalas a coñecer e afondar nas mesmas.

O ‘light straw clay’ (barro alixeirado) e o ‘entrelazado’ son sistemas tradicionais (o segundo deles, habitual na arquitectura popular galega) de moi baixo impacto ambiental que teñen en común o uso da arxila e da palla. O ‘light clay’ emprégase na construción de envolventes dada a súa boa capacidade illante, mentres que o ‘pallabarro’ ou ‘entrelazado’ axéitase mellor á construción de particións interiores. Despois dos cursos de construción con palla e de recebos e pinturas naturais, onde barro e palla foron os protagonistas, continuamos a presentar as diferentes posibilidades de uso destes materiais.

As xornadas terán un carácter teórico e práctico. Organizaranse en dous módulos, un por cada técnica, ambos de dous días de duración. A asistencia ás xornadas é gratuíta, previa inscrición (independente para cada módulo), sendo 10 o número máximo de prazas.

Lanzamos agora a convocatoria para o primeiro dos módulos, e en breve, teredes información sobre o segundo:

módulo 1: ‘light straw clay’

A técnica consiste principalmente na construción dun cerramento vertical mediante unha mestura de arxila e palla (en diferentes proporcións segundo prime o illamento ou a resistencia) que se coloca entre os montantes dunha subestrutura de madeira, ben directamente empregando encofrados ou ben como adobes. En certos estados dos EE.UU, estes sistema atópase regulado contando con lexislación propia. A mestura máis illante pódese empregar tamén como trasdosado ou como illamento de forxados.

data:    xoves 1 e venres 2 de xuño
lugar:     O Castro, parroquia de Corcoesto (Cabana de Bergantiños)
imparte:     Alex F. Palicio (Arquitecto. DSA terre) tecnoloxia/s apropiada/s (www.tecnoloxiasapropiadas.wordpress.com)
organiza:     Hábitat Social, S. Coop. Galega
loxística:     posibilidade de acampar, dispoñibilidade de aseo e ducha, comida por conta de cada un (existe un bar a 1 km e restaurantes a 6 km)

inscrición: info@habitatsocial.coop

Posted in barro, palla | Leave a comment

Clausura obradoiro pinturas naturais

Este pasado sábado rematamos o segundo módulo do “Obradoiro de revocos de barro e pinturas naturais”. Lulo López ensinounos cómo facer pinturas coas recetas do seu avó: pintura de cal, de arxila, de ovo, etc. Todos eles, materiais naturais que respectan a nosa saúde e o medio ambente e que podemos facer na casa.

Coma sempre, agraceder a tod@s as participantes o seu interese. Pola nosa parte xa estamos pensando no seguinte obradoiro. Materémosvos informad@s.

obradoiro 076_low (máis…)

Posted in barro | Leave a comment

Remate do primeiro módulo

O barro como argumento e a primavera como excusa. Ao pe do Petón, no Monte Xalo,e xusto a beira da torre de Celas de Peiro, en Culleredo. 25 persoas coas mans e os pes no barro. Houbo tamén tortillas, a paella de Lucas, viño da Casa O Rial, e un gratificante pero intermitente sol de maio.
Así foi que transcurriu unha fin de semana de revocos de barro na que Marta Salgado revelounos novos detalles dun material que permite revestimentos polivalentes, de sinxela adaptación e esencialmente naturais. Agardamos que toda a xente desfrutara e aprendera, polo menos, igual que o fixemos nós.

barro_01

barro_02

Posted in barro | Leave a comment

Novo obradoiro: revestimentos naturais

En Hábitat Social retomamos a formación en construción natural.
Estamos ultimando o noso seguinte obradoiro e nos próximos días lanzaremos a súa convocatoria. Tralo primeiro curso, dedicado á palla como sistema estrutural, neste a intención e afondar no coñecemento dos revestimentos naturais.
Así, falaremos da cal, do barro, e das pinturas naturais, de novo xuntando o punto de vista teórico (tipos, propiedades, usos, etc.) e o práctico (técnicas, acabados, etc, traballando coas nosas mans sobre un caso real).
Barro, cal, resinas naturais, silicatos… materias todas elas de orixe local, renovables, con moi baixo contido enerxético no seu ciclo de vida, e grandes aptitudes, que por distintos intereses e inercias non ocupan o lugar que merecen dentro das técnicas habituais de revestimento. Ben en interiores ou exteriores, en obra nova ou rehabilitación, en aplicación por profesionais ou por autoconstrutores, os revestimentos naturais son unha clara alternativa a cementos, xesos, resinas sintéticas, etc.
En breve, disporedes do programa, as datas e o custo do obradoiro. Estade atentas.

Posted in barro | Leave a comment