Novo obradoiro: revestimentos naturais

En Hábitat Social retomamos a formación en construción natural.
Estamos ultimando o noso seguinte obradoiro e nos próximos días lanzaremos a súa convocatoria. Tralo primeiro curso, dedicado á palla como sistema estrutural, neste a intención e afondar no coñecemento dos revestimentos naturais.
Así, falaremos da cal, do barro, e das pinturas naturais, de novo xuntando o punto de vista teórico (tipos, propiedades, usos, etc.) e o práctico (técnicas, acabados, etc, traballando coas nosas mans sobre un caso real).
Barro, cal, resinas naturais, silicatos… materias todas elas de orixe local, renovables, con moi baixo contido enerxético no seu ciclo de vida, e grandes aptitudes, que por distintos intereses e inercias non ocupan o lugar que merecen dentro das técnicas habituais de revestimento. Ben en interiores ou exteriores, en obra nova ou rehabilitación, en aplicación por profesionais ou por autoconstrutores, os revestimentos naturais son unha clara alternativa a cementos, xesos, resinas sintéticas, etc.
En breve, disporedes do programa, as datas e o custo do obradoiro. Estade atentas.

This entry was posted in barro. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta