Verificado
Casas de baños
Riazor
En 1850 levantaríase en Riazor a chamada Casa de Baños Flotante “con todas as precaucións que aconsella a honestidade e o recato” para non ofender “a decencia e a moralidade pública”. Promovida polo concello e personalidades da Coruña, sería substituída uns anos despois pola nova Casa de Baños de Mar, dado que a primeira non resistiu moito tempo os embates das ondas.
A mediados dos anos oitenta A Coruña contaba a lo menos con oito instalacións con pilas de mármore e duchas de auga doce e salgada. As mais populares se situaban na rúa Rubine: eran La Primitiva, no número 47 e que ocupaba uns 1500 m2 , e La Salud, aberta algúns anos mais tarde que a primeira no número 22 da mesma rúa.
Outras das casas de baños presentes na cidade no s. XIX eran La Perfecta, Arenal del Parrote, Balneario de Cervigón Guerra, Balneario de Santa Margarita e Balneario de la Beneficiencia Municipal.
Imaxes:
- Cartaz publicitario de "La Salud" (fonte: La Opinión A Coruña)
- Praia de Riazor, 1902 (fonte: arquivo do Concello da Coruña)
- Praia de Riazor, 1927 (fonte: fototeca do patrimonio histórico)
- Postal do Balneario Riosol de Riazor
Amplie categorías
Selecciona o tema correspondente: histórico | recreativo |Referencias externas
- http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2011/02/24/casas-agua-siglo-xix/470651.html
- http://www.laopinioncoruna.es/contraportada/2013/07/07/aparcamiento-balneario/739888.html
- http://vellaenobrebrigantium.blogspot.com.es/2013/05/praia-de-riazor-en-1902.html
- https://iusnaufragii.wordpress.com/2014/05/24/playa-de-riazor-fototeca-del-patrimonio-historico/
- http://www.todocoleccion.net/postales-coruna/coruna-hauser-menet-n-667-playa-balneario-riosol~x50492514
Deixar un Comentario