Verificado

A lenda de Santo Amaro

Santo Amaro

"Santo Amaro é o protagonista dunha lenda humilde e fermosa(...): a historia do home que foi quen de cruzar as tebras do océano e atopar a illa do Paraíso."

"Conta a lenda que Amaro era un home ao que un día unha raiola descubriulle no medio do océano a silueta dunha illa marabillosa, e embarcouse axiña cuns compañeiros na súa procura.

Navegaron por augas descoñecidas, cara ao interior do grande océano. Tras moitos esforzos foron quen de chegar a ela. Mais non atoparon xente nin cousa ningunha.

Amaro non se desanimou, subiu ao outeiro máis alto e divisou un gran valado. Seguiuno e encontrou a un velliño onda unha porta. O home lle dixo que detrás dela había un xardín ben fermoso, pero que non o podía deixar entrar. Tanto insistiu Amaro que ao final deixouno ollar un chisco pola fechadura. Abofé que era fermoso.

Cando volveu á praia non atopou aos compañeiros, tivo que regresar el só. Cando chegou ao porto non daba recoñecido a ninguén. Entón faláronlle dun home santo, Amaro, que había trescentos anos marchara cara a illa do paraíso, onde os segundos son eternidades."



Fontes:
- XURXO SOUTO, "Contos da Coruña". Edicións Xerais de Galicia, 2001
- XURXO SOUTO, "A cidade das lendas". Artigo do xornal "A Opinión de A Coruña", decembro 2001

Amplie categorías

Selecciona o tema correspondente: xente

Deixar un Comentario
Nome:
Email:
Comentarios:
Código de Seguridade:
11 + 1 =

Informes adicionáis

Tascas mariñas

11:43 Sep 10, 2015

Barrios de Monte Alto, As Xubias de Abaixo, San Pedro de Visma e Santa Lucía, 0.27 Kms

Club do Mar

18:04 Aug 21, 2015

Praia de San Amaro, 0.37 Kms

Agra de Santo Amaro

12:15 Sep 07, 2015

Agra de San Amaro, 0.45 Kms

O Papagayo

12:14 Sep 04, 2015

Bulevar do Papagayo, 0.61 Kms

Antiga canteira

11:22 Sep 02, 2015

Antiga Canteira de Durmideiras, 0.64 Kms