Verificado

Tascas mariñas

Barrios de Monte Alto, As Xubias de Abaixo, San Pedro de Visma e Santa Lucía

Poucos son os locais con esencia mariñeira que aínda quedan en pé na cidade. Xurxo Souto os recolle no seu libro "Contos da Coruña":

- Bar Tolín (xa desaparecido), na rúa Miguel Servet:
"Efectivamente, en Monte-Alto, na rúa Miguel Servet, estaba a cátedra do percebe, Bar Tolín, onde botaban a partida os grandes mestres. Eles explicáronme a tradición percebeira de Santo Amaro."

- A Parra, monumento histórico na avenida de Navarra:
"Máis de cen anos leva esta Parra dando sombra enriba da Agra de Santo Amaro. Máis de sesenta levan acó tomando as tazas e xogando ao "rechazo" os grandes mariñeiros do mar da Torre."

- A Toquera, refuxio de mariñeiros nas Xubias:
"A fundación da Toquera é tan antiga como o propio barrio. O seu nome significa refuxio de pescadores, esa foi a súa función orixinal.
(...)O pai dos actuais propietarios, Eugenio, mariñeiro das Xubias, na súa lancha Fina ten pasado a moitos coruñeses nos días de verán cara á praia de Santa Cristina."


- O Fogar do Pescador, no Barrio dos Mariñeiros:
"O local, como indica o seu nome, é a taberna e o centro de reunión por excelencia do Barrio dos Mariñeiros.
Aquel "Grupo de Pescadores" de San Pedro de Visma quedou, co paso dos anos, céntrico e ben comunicado, onda a ronda do Outeiro, á altura do Peruleiro."


- As Tres Portiñas, tesouros do mar na rúa Santa Lucía:
"Nas Tres Portiñas pides unha cunca de viño e antes de acabala xa deches a volta ao mundo. Así o comprobei hai pouco con Luís Lopez Cacabelos, un dos sabios que aquí xogan a partida. O xeo de Terranova nos seus arrastres, tamén moitas mareas do Gran Sol.
Os tesouros do océano(...) son os propios clientes, mestres veteranos das cousas do mar.
Esta é unha das últimas grandes tabernas de Santa Lucía, o barrio máis mariñeiro da Coruña."


- O Fiuza, a casa do "pulpo" na avenida de Navarra:
"Todo comezou na ribeira do Miño, no concello da Peroxa. Alí naceu Antonio Díaz, de profesión barreneiro. Chegou á Coruña para furar as Adormideiras e quitar o granito para construír o Dique de Abrigo.
A Antonio chamoulle a atención o océano. Cando acabou o choio na Terma xa sabía coller os polbos como os mariñeiros máis expertos de Santo Amaro. Trouxo bocois de viño da súa terra e bautizou a tasca co apelido da súa muller, Fiúza."



Fonte:
XURXO SOUTO, "Contos da Coruña". Edicións Xerais de Galicia, 2001

Amplie categorías

Selecciona o tema correspondente: xente | tasca |

Deixar un Comentario
Nome:
Email:
Comentarios:
Código de Seguridade:
15 + 3 =

Informes adicionáis

A lenda de Santo Amaro

18:55 Sep 08, 2015

Santo Amaro, 0.27 Kms

O Papagayo

12:14 Sep 04, 2015

Bulevar do Papagayo, 0.35 Kms

Consulado marítimo terrestre

11:39 Sep 14, 2015

Panadeiras, 0.45 Kms

Club do Mar

18:04 Aug 21, 2015

Praia de San Amaro, 0.56 Kms

Agra de Santo Amaro

12:15 Sep 07, 2015

Agra de San Amaro, 0.59 Kms