Verificado
A serea dos Pelamios
Furna da Sirenita
Inmediata á antiga praia dos Pelamios, na enseada do Orzán, existe unha furna con lenda. Unha serea atraía co seu canto aos navegantes. Deixaba oír a súas melodías dende a furna. E os mariñeiros encamiñaban as súas embarcacións cara a tentación irresistíbel. E alí, por fatal feitizo, perecían os barcos estrelados. A furna tomou o nome da "Sereíña".
Fonte:
- MIGUEL G.GARCÉS
Deixar un Comentario