Verificado

San Roque de Fóra

San Roque de Fóra

San Roque foi un barrio mariñeiro pertencente ao Concello de Oza, agora anexionado ao Concello da Coruña.

Apelidase “de Fóra” pola súa situación con respecto á cidade, afastada e separada mediante o fielato de consumos, e tamén para diferenciala da capela de San Roque intramuros, no Campo da Leña.

Un barrio adicado principalmente á pesca, situado a carón da baía, coas súas barcas, vivendas baixas de mariñeiros, hórreos, fontes, lavadoiro e mesmo un regato. A súa transformación ten moita relación coa construción do paseo marítimo, que provocou que o interese sobre o chan medrase e se apostase por un desenvolvemento urbanístico especulativo.

Recentemente derrubouse a última vivenda do barrio. E con ela a última testemuña da morfoloxía do barrio. Na beira do mar só quedan un puñado de barcas no espigón da cala de San Roque.


Imaxe:
- A capela de san Roque de Afora xa en ruínas, o edificio próximo é o vello mercado de froitas (fonte: Foto Blanco)

Recursos audiovisuais

San Roque de Fóra

Amplie categorías

Selecciona o tema correspondente: pesca

Deixar un Comentario
Nome:
Email:
Comentarios:
Código de Seguridade:
13 + 5 =

Informes adicionáis

Táboa de surf

11:04 Sep 04, 2015

San Roque da Fora, 0.01 Kms

A serea dos Pelamios

13:01 Sep 07, 2015

Furna da Sirenita, 0.56 Kms

Cidade asolagada

16:19 Sep 15, 2015

Mar do Orzán, 0.64 Kms

Casas de baños

13:47 Sep 22, 2015

Riazor, 0.67 Kms

Homes Mariños

12:57 Sep 04, 2015

Praias da Coruña, 0.71 Kms