Home / Experiencias / Arquitectura /
O Mentireiro non quere ser un bar: salón de casa, xardín interior, recuncho de lectura, cinema... lugar de encontro. Sí, tamén poñen copas.
A partir dun local pequeno e con poucos cartos, procuramos xunto co dono, Rubén, acadar un espazo acolledor, versátil e con personalidade. Facer da necesidade virtude.
Propuxemos diferentes ámbitos que se puideran relacionar ou independizar, que admitiran usos distintos e cambiantes, que tiveran unha relación variable coa rúa segundo o momento. Os materiais: confortables, baratos, naturais no posible... taboleiro de madeira de encofrar reutilizado, cortiza, redondos de aceiro... plantas que trepan, coxíns nos bancos, velas nas mesas.
Agora a esperar que a xente se apropie do Mentireiro... esperar que a vida pase por el.