Local de traballo e actividades A Casa da Fariña

Data
2013
Situación
Praza de Azcárraga, 6 A Coruña
Promoción
Hábitat Social, Oja Arquitectura
Xestión de obra
Hábitat Social, Oja Arquitectura
Autoría
Hábitat Social, Oja Arquitectura
Colaboración
Marta Salgado

A casa da Fariña, iniciativa de Hábitat Social en común co equipo de arquitectos Olivia Fernández e Javier Rodríguez, xurde coa dobre vontade de servir de novo local de traballo para ambos estudios, e á vez, de ser un espazo aberto á cidade onde se poidan organizar distintas actividades socioculturais: exposicións, palestras, proxeccións, etc.

Situado nunha esquina da praza tradicionalmente coñecida como da Fariña (Azcárraga, na actualidade), o local precisaba unha serie de obras de acondicionamento ós novos usos, centradas fundamentalmente na eliminación de particións, nos acabados, nas instalacións e no mobiliario.

A nivel organizativo, e tendo en conta as súas reducidas dimensións, a solución procurou dar unha resposta flexible ás diferentes necesidades de uso. Optamos así por elementos de mobiliario móbiles que permitisen adoptar configuracións cambiantes.

A execución da obra desenvolveuse mediante un proceso de autoconstrucción, poñendo en práctica de primeira man un sistema de traballo ó que ultimamente nos achegamos nos nosos proxectos. Así, o resultado evidencia unhas solucións directas e hetereoxéneas, coherentes cos medios dispoñibles e cunha filosofía ecléctica.

Así mesmo, prestouse especial atención, dende un punto de vista ecolóxico, ós materiais e sistemas empregados, de xeito que respondesen ós criterios de reutilización e reciclaxe: taboleiros usados de encofrar para o chan, taboleiros de DM para os mobles, que xunto ao cableado eléctrico e o de datos procedían do local anterior; tendo en conta a orixe local e renovable: pintura á cal artesá e revoco
de barro nas paredes; e o baixo consumo na iluminación.

Etiquetas: Autoconstrución, Cooperativismo