Verificado

Correos de Ultramar

Santa Lucía

Na Palloza existían unhas importantes instalacións portuarias dedicadas ao tráfico dos Correos de Ultramar, dos que a Coruña tivo o monopolio até ben entrado o s. XIX. É dicir, que todas as cartas que ían ás colonias americanas dende España saían de alí.

A Fábrica de Tabacos foi, na súa orixe, un pequeno almacén de víveres ao servizo dos correos. Había ademais outra serie de instalacións: un arsenal, gradas de reparación e construción de buques e algún dique. Todo isto, organizado ao redor da baía, que entraba e ocupaba o que hoxe é a praza da Palloza. A Fábrica de Tabacos daba directamente diante do mar.

Un dos recheos máis tardíos da cidade foi, precisamente, o que se fixo na Palloza. Debeu de ser cara 1890 (de acordo con documentación de obras da Fábrica de Tabacos), e permitiu crear a praza da Palloza e a costa do mesmo nome.

Amplie categorías

Selecciona o tema correspondente: histórico

Deixar un Comentario
Nome:
Email:
Comentarios:
Código de Seguridade:
20 + 9 =

Informes adicionáis

O "adoquín de percebe"

18:35 Sep 08, 2015

o Muro, 0.22 Kms

Santa Lucía

12:10 Sep 04, 2015

Praza da Palloza, 0.3 Kms

Río Monelos

19:59 Aug 20, 2015

Rúa Rio Monelos, 0.31 Kms

O mar de María Antonia

11:25 Sep 04, 2015

Mar de MªAntonia, 0.4 Kms

Poxa do peixe

12:36 Sep 11, 2015

Porto da Coruña, 0.41 Kms