Verificado

Poxa do peixe

Porto da Coruña

Mentres a cidade durme comeza a actividade dun dos grandes motores da mesma.

A poxa do peixe comeza ben cedo, entre as 6 e as 7 da mañá. Para cando comeza o día do resto dos coruñeses xa teñen aquí todo o peixe vendido.

Situada no Porto da Coruña, é o segundo porto de peixe e mariscos frescos de España por descargas, e un dos máis importantes de Europa. Estímase que anualmente móvense unhas 40.000 toneladas de mercancía pola Lonxa.

Actualmente, no Porto da Coruña só hai "censadas" unhas 80 embarcacións de baixura e tan só 3 de altura. Na Lonxa póxase moito peixe procedente de outros portos, que traen a mercadoría nos propios barcos ou mesmo en furgonetas frigoríficas.

As poxas as xestionan empresas especializadas, e realízanse a pulmón, é dicir, cantando os prezos a berros. Na actualidade hai unhas 34 casas poxadoras ás que armadores e patróns depositan os seus peixes e mariscos.

Amplie categorías

Selecciona o tema correspondente: porto

Deixar un Comentario
Nome:
Email:
Comentarios:
Código de Seguridade:
12 + 3 =

Informes adicionáis

Santa Lucía

12:10 Sep 04, 2015

Praza da Palloza, 0.27 Kms

O mar de María Antonia

11:25 Sep 04, 2015

Mar de MªAntonia, 0.32 Kms

O "adoquín de percebe"

18:35 Sep 08, 2015

o Muro, 0.4 Kms

Correos de Ultramar

13:04 Sep 04, 2015

Santa Lucía, 0.41 Kms

O camiño novo

11:43 Sep 14, 2015

Rúa Juan Flórez, 0.43 Kms