Obradoiro Crítico Metropolitano

Data
2011
Promoción
Arquitectura Sen Fronteiras
Autoría
Hábitat Social
Colaboración
Iago Carro, Xurxo Souto, José ucha

Foron dúas as intencións de partida deste obradoiro de análise. Por un lado, debullar as dinámicas e relacións que se producen nunha área concreta, describíndoa de maneira crítica e avaliando o papel dos diferentes actores e dos intereses que inflúen no seu devir, á vez que investigar na sistematización do proceso a través dunha metodoloxía que poida extrapolarse a outras zonas. Polo outro, experimentar novas formas de intervir no territorio con criterios de equilibrio social e desenvolvemento alternativo do común.

A coincidencia temporal cun concurso de ideas para a ordenación do borde litoral da Enseada do Orzán na Coruña, convocado polo Concello, ía supoñer para o obradoiro a oportunidade de transcender o plano teórico e acadar unha aplicaci directa, ó aportar e incidir sobre o debate aberto.

O obradoiro, no que participaron unhas vinte persoas, estruturouse en varias sesións de traballo ó longo de tres semanas. As primeiras consistiron nunha aproximación tanto ó́ procedemento (obxectivos, metodoloxía, exemplos) como á realidade de estudo (deriva pola zona, charla con Xurxo Souto). A continuación, organizáronse dous grupos de traballo. Un deles, centrado na análise crítica, afondou na toma de datos e na avaliación dos mesmos, para o que se recorreu a diversas fontes: información cartográfica e estatística, documentación histórica, prensa, web, bibliografía especializada, etc. O outro, encargouse de elaborar unha proposta de metodoloxía para a construción colectiva da cidade, estudando as relacións entre axentes, os papeis de cada un, as etapas necesarias do proceso, etc.

Finalmente, elaborouse un documento síntese de ambas liñas de traballo, que se adoptou no seu formato ós requisitos do concurso, o cal serviría como medio de difusión dos resultados acadados.

Participantes: Alberto Fortes, Joana Covelo, Iago Valverde, Alejandra Martínez, Laura Palacio, Saul Gómez, Natalia Campos, María Novas, Martín Loureiro, Javier Rodríguez e Sonia Rodríguez.