Obradoiro de construción con palla

Data
2012
Promoción
Hábitat Social
Colaboración
Familia Vilares (Suso, Toñi, Cris, Dani e Ángel)
Outros
Docentes: Carolina Martínez e Gustavo Sánchez

A conxuntura actual de posta en cuestión de moitas das prácticas extendidas e mesmo dos nosos hábitos cotiáns lévanos, no eido da definición física do hábitat, a indagar no emprego de técnicas alternativas de construción, na procura de solucións efectivas e verdadeiramente respectuosas co medio e coas persoas.

O obxectivo deste obradoiro, no que houbo unha parte teórica que logo tivo a súa aplicación práctica na construción dun alpendre, foi adquirir un dominio amplo do sistema de construción con palla (Nebraska), permitindo facer fronte a cuestións de deseño (criterios, potencialidades, aspectos legais, etc.) e de execución (procesos, elementos singulares, etc.). A través do proceso de construción foron surxindo tanto dúbidas como novas propostas entre todos os participantes, que enriqueceron a iniciativa.

Durante 5 días participaron ao redor de 30 persoas, profesionais do sector da construción, mais tamén persoas alleas ao mesmo que se interesaron polas vantaxes do sistema de cara a autoconstrución e pola súa economía de medios. Foi en todo momento un intercambio de experiencias variadas, que finalizou cunha comida de celebración e coa idea de dar continuidade a esta liña de obradoiros de bioconstrución.

Participantes: Miguel García, Lydia Ramos, Gabriel Díaz, Xavi Picos, María Novás, Olivia Fernández, Javier Rodríguez, Efrén Modia, Kaila Sanfabián, Suevia Agrelo, Víctor González, Fernando Filgueira, Alex Hernández, Cristina Frade, Lucía Blanco, Antonio Seijas, Alberto Fortes, Alfredo Ferreira, Manuela Carrero e Lucas Santolin.