Ordenación de espazos exteriores dunha casa en Palavea

Data
2021
Situación
Palavea Vella - A Coruña
Promoción
Privada
Proxecto
Hábitat Social

A parella propietaria dunha casa no núcleo de Palavea Vella adquire a parcela contigua coa intención de aumentar o seu espazo exterior dispoñible. Esta parcela conta cunha vella edificación, parte da cal se manterá como futura ampliación da vivenda, e parte será demolida para liberar espazo, que se agregará ao existente dando lugar a un novo patio, máis amplo e soleado, e a unha zona de aparcamento.

A intervención consiste na ordenación dos espazos exteriores e da súa relación coa rúa, na proposta dunha nova entrada accesible á vivenda (aproveitando a topografía), e mais nun mínimo tratamento da imaxe de conxunto.

Trabállase coas referencias que xa existían na propia casa (vexetación, materiais) e coas que se atopan na contorna (celosías, cromatismo).