C:UserspatxiDropboxCorme�2_PBEplanos180905_corme. A04_sec

Proxecto de casa de palla en Ponteceso

Despois duns meses de traballo, vimos de entregar o proxecto de execución desta casa na Aldea de Corme, que baseamos en criterios de bioconstrución, e que ten na palla, xunto coa madeira, o barro e a cal, os seus principais ingredientes.

Trátase dunha pequena vivenda, de apenas 75 m2, para unha parella que procuraba un espazo cómodo, confortable e san, construído co máximo respecto á natureza, e no que eles mesmos puidesen participar da súa execución. Situada nunha parcela duns 850 m2 no borde do núcleo da Aldea de Corme, a casa debía desenvolverse en planta baixa aínda que existía o desexo de dispor dunha biblioteca-mirador nun nivel superior que permitise gozar das vistas da costa que se abren cara o suroeste. Ademais da opción da bioconstrución e da autoconstrución (parcial), tamén forma parte da filosofía das propietarias a procura da autosuficiencia, polo que a pesar de contar a parcela cos servizos de electricidade e saneamento, a proposta debía contemplar o autoprodución fotovoltaica e a xestión das augas residuais.

C:UserspatxiDropboxCorme�2_PBEplanos180905_corme. U02_emp09+10+1116+17

Dado o limitado do programa e da superficie, a casa organizouse en torno a un único espazo central que congrega os usos de día e ao que se abren os dormitorios. Procurouse unha planta compacta, orientada ao S-SE, e moi ben illada, coas aperturas principais nesta fachada para maximizar ganancias solares, e con ocos estratéxicos na O-SO para introducir a paisaxe na casa. Os profundos voos responden a unha lóxica construtiva (protección das fachadas da chuvia), por unha banda, á vez que ofrecen control solar no verán (fachada sur) e permiten albergar elementos auxiliares exteriores (lavadoiro, tendal, galiñeiro, leña… na fachada norte), por outra. Seguir lendo

mato_07

Rehabilitacion vivenda en terra

Esta casa xurde do desexo dunha parella, que atopan na zona de Lemos o lugar no que desexan  instalarse permanentemente para desenvolver os seus intereses persoais, estando en contacto  continuo coa natureza e seguindo os principios da permacultura. A parcela atópase nunha zona bastante illada, rodeada dunha paisaxe fermosa en plena natureza. Seguir lendo

establecementos educativos

Diagnose da rede de Centros Educativos en Guatemala

Unha das liñas de cooperación internacional da ong Arquitectura sen Fronteiras céntrase en Guatemala, onde levan anos traballando xunto comunidades do sur do pais nas materias de educación e habitabilidade, principalmente. Convidarónnos a participar nun proxecto multidisciplinar de diagnose da rede de centros educativos, onde en pouco tempo as diferentes agrupacións desenvolveron dende o traballo de campo ata a proposta real e valorada de intervención, pasando pola análise e sistematización de datos na que se centrou Hábitat Social. Seguir lendo

foto blogue
Deixamosvos aquí toda a documentación do curso de depuración de augas residuais realizado en xaneiro e que impartiu Javier Santiago de Tp3. Agardamos que vos sexa de utilidade!

Presentacións en PDF:
01_Xestión sostible das augas
02_Caracterización das augas
03_Réxime xurídico
04_Xestión das pluviais
05_Tipoloxías de saneamento autónomo
06_Bases da fitodepuración

Grabacións do curso:
Primeira xornada. 26 xaneiro de 2017
Segunda xornada. 27 xaneiro de 2017

Convocatoria para o módulo 2 do obradoiro: entrelazado.

cartaz_m2

Tralo módulo primeiro, retomamos a formación en sistemas de construción natural coa convocatoria para o segundo, que se centrará na técnica do entrelazado ou pallabarro.

De novo, o módulo proponse cunha duración de dous días e a asistencia é gratuíta, previa inscrición. Desta volta, o número máximo de prazas é de 15 persoas.

módulo 2: ‘entrelazado’

Esta técnica aplícase na construción de particións verticais. Consiste nun bastidor de madeira e mais un entramado interior de ramas, cañas ou barrotes que fai de soporte a unha mestura de palla e barro que, aplicada polas dúas caras, pecha o conxunto. Trátase dunha técnica tradicional moi estendida. Aparece con pequenas variantes na arquitectura popular de diferentes países, entre eles Galicia.

data:    mércores 21 e xoves 22 de xuño
lugar:     O Castro, parroquia de Corcoesto (Cabana de Bergantiños)
imparte:     Marta Salgado (Arqtesanía) (https://arqtesania.wordpress.com/)
organiza:     Hábitat Social, S. Coop. Galega
loxística:     posibilidade de acampar, dispoñibilidade de aseo e ducha, comida por conta de cada un (existe un bar a 1 km e restaurantes a 6 km)
inscrición: info@habitatsocial.coop

Nova formación en sistemas de construción natural: ‘Ligth straw clay’ e entrelazado’

cartaz

Aproveitando á incorporación de técnicas construtivas non convencionais na rehabilitación dunha casa de campo que estamos levando a cabo, propoñemos unhas xornadas formativas para dalas a coñecer e afondar nas mesmas.

O ‘light straw clay’ (barro alixeirado) e o ‘entrelazado’ son sistemas tradicionais (o segundo deles, habitual na arquitectura popular galega) de moi baixo impacto ambiental que teñen en común o uso da arxila e da palla. O ‘light clay’ emprégase na construción de envolventes dada a súa boa capacidade illante, mentres que o ‘pallabarro’ ou ‘entrelazado’ axéitase mellor á construción de particións interiores. Despois dos cursos de construción con palla e de recebos e pinturas naturais, onde barro e palla foron os protagonistas, continuamos a presentar as diferentes posibilidades de uso destes materiais.

As xornadas terán un carácter teórico e práctico. Organizaranse en dous módulos, un por cada técnica, ambos de dous días de duración. A asistencia ás xornadas é gratuíta, previa inscrición (independente para cada módulo), sendo 10 o número máximo de prazas.

Lanzamos agora a convocatoria para o primeiro dos módulos, e en breve, teredes información sobre o segundo:

módulo 1: ‘light straw clay’

A técnica consiste principalmente na construción dun cerramento vertical mediante unha mestura de arxila e palla (en diferentes proporcións segundo prime o illamento ou a resistencia) que se coloca entre os montantes dunha subestrutura de madeira, ben directamente empregando encofrados ou ben como adobes. En certos estados dos EE.UU, estes sistema atópase regulado contando con lexislación propia. A mestura máis illante pódese empregar tamén como trasdosado ou como illamento de forxados.

data:    xoves 1 e venres 2 de xuño
lugar:     O Castro, parroquia de Corcoesto (Cabana de Bergantiños)
imparte:     Alex F. Palicio (Arquitecto. DSA terre) tecnoloxia/s apropiada/s (www.tecnoloxiasapropiadas.wordpress.com)
organiza:     Hábitat Social, S. Coop. Galega
loxística:     posibilidade de acampar, dispoñibilidade de aseo e ducha, comida por conta de cada un (existe un bar a 1 km e restaurantes a 6 km)

inscrición: info@habitatsocial.coop

Curso de depuración autónoma de augas residuais

 

cartaz vertical A3_peq_2

Obxectivos:
- Comprender os procesos de contaminación das augas residuais urbanas
- Desenvolver a capacidade técnica para poder acometer todas as fases de deseño, xestión administrativa, construción e mantemento dun sistema de depuración autónomo doméstico ou de núcleo, con criterios sustentables.

Poñente:
Javier Santiago Díaz, Enx.Forestal. Tp3 Enxeñería Natural (grupo AGUAinc.)

Público:
Persoas relacionadas coa arquitectura, urbanismo, enxeñería, construción ou autoconstrución, e calquera outra interesada na temática. O número de asistentes limitarase a 30 por cuestións de espazo.

Data e lugar:
26 e 27 de Xaneiro de 16:00 a 20:30 h na Casa da Fariña (Pza Azcárraga 6, A Coruña)

Matrícula:
Normal: 40 € / Reducida para estudantes, persoas socias de Espiga e pronto pago (ata o 15 de xaneiro): 30 €

Inscricións:
Para inscribirse é necesario envíar un correo electrónico a info@habitatsocial.coop cos seguintes datos: nome e apelidos, dni, dirección e teléfono de contacto xunto co xustificante de ingreso da matrícula no seguinte número de conta:

BIC: CASDESBBXXX       IBAN: ES09 3183 1500 9900 0107 1350

Programa:
Poderá sufrir pequenas modificacións pero fundamentalmente tratará as seguintes temáticas. Descarga aqui: programa revisado

NOTA (actualización 23 xaneiro):
- Ultimas 5 prazas para completar o aforo, disponibles ata este xoves dia 26