Dereito ao hábitat
Guía para o profesorado


Guía do profesorado [.pdf]

Anexo 1. Material Gráfico [.pdf]

Anexo 2. Titorial Crowdmap [.pdf]

Anexo 3. Enquisa de coñecementos previos

Anexo 3. Enquisa de coñecementos previos

Enquisa coñecementos previos A seguinte enquisa debe ser respostada nos derradeiros 5 minutos da sesión. Facilitanse as seguintes preguntas para coñecer a situación previa do alumnado en canto á relación que teñen cos conceptos que se tratarán no desenvolvemento das seguintes actividades.

As preguntas son as seguintes:

0. Sexo M/F
1. Pensas que o hábitat onde vives che afecta dalgunha maneira? Se é así, pon un exemplo.
2. Que características consideras que debe ter un hábitat para que nos guste vivir nel?
3. Coñeces na túa contorna casos de persoas que non habiten en vivendas en boas condicións? Se é así, que pensas que lles faltan para telas?
4. Pensas que a xente intervén na toma de decisións sobre a súa cidade? Se é así, como cres que o fai?

As preguntas poden ser respostadas mediante o seguinte formulario, que se lle deberá facilitar ao alumno:

direción: http://habitatsocial.coop/UD_dereitoaohabitat/formulario_web.htm
acceso externo a formulario

Unha vez respostadas as preguntas, ao premer en "enviar datos" enviarase mediante o xestor de correo do equipo o correo electrónico, sendo necesario escribir a dirección de correo electrónico do docente.
As direccións de correo destinatarias como copia oculta (habitatsocial.coop@gmail.com, gteducacion.gal@asfes.org) xa aparecerán automáticamente.

Idea e contidos: Hábitat Social, Sociedade Cooperativa Galega
Deseño e maquetación: Hábitat Social e Martín García Fernández
Ilustracións: Jaime Eizaguirre Santillán
Coordinación e revisión: Grupo de traballo de Educación para o Desenvolvemento, ASF-Galicia
Asesora pedagóxica: Ana Sánchez Bello
Data de publicación: Abril de 2014
Depóstito legal: C 617/2014

Licenza creative commons:
Recoñecemento - NonComercial - CompartirIgual (by-nc-sa):
Non se permite un uso comercial da obra orixinal nin das posibles obras derivadas,
a distribución das cales débese facer cunha licenza igual á que regula a obra orixinal.

Pincha para ir á ligazón