Home / Novas /

Posta en obra do sistema 'cut' de palla

24/10/2019

Trala cuberta, comezamos coa construción do pechamento de palla na casa de Corme.

Metidos de cheo no outono, con vento e auga, non quedou máis remedio que montar unha boa protección contra a chuvia que permita un traballo con garantías.

O proceso de montaxe é o habitual deste sistema, con pequenas adecuacións ao xeito de facer de Javier (Ovejero) e Michi:
- corte da bala (se é necesario) para adaptala á separación entre montantes,
- pequeno rebaixe na bala para permitir o encaixe do listón,
- colocación das balas entre montantes, por fías, axudándose do mazo para levalas ao sitio,
- cravado dos listóns lonxitudinais (previamente protexidos con bórax), imprimindo presión ás balas.

Unha vez rematada a colocación da palla, virá o traballo de revestimento dos muros: capa base con barro e capa final de cal no exterior e barro no interior.

Etiquetas: Bioconstrución, Proxectos