Home / Novas /

Notas sobre experimento de autoconstrución dun chan deportivo

22/10/2019

Contexto:
- proxecto de reforma de local para centro formativo en artes escénicas en Montealto (Laboratorio Escénico); verán de 2019.
- necesidade de chan especial para aula de danza, de 100 m2.
- baixo orzamento dispoñible.
- estado inicial: soleira de terrazo con pendentes e localmente deformada (diferencia de cota máxima 5 cm).

Requisitos do chan:
Os chans de danza son un tipo de chan deportivo con unhas características especiais, que ademais varían segundo a modalidade concreta. Os seus parámetros principais son:
- adherencia: relacionado coa precisión do movemento, acádese coa capa de acabado: comunmente un pavimento continuo de pvc comercializado especificamente para este uso, que se presenta en rolos de 1,5 a 2,5 m de ancho cun espesor de 1 a 2 mm, e que se pode colocar pegado ou simplemente adherido con cinta:
- amortecemento: relacionado coa redución do impacto nos saltos (imprescindible para evitar lesións), conséguese intercalando un soporte flexible para a capa de acabado (diferentes opcións que se describen a continuación, todas elas caras).

Tipos de soporte amortecedor:
- artesanais (“in situ”): varias capas cruzadas de rastreis, non fixadas á base senón que intercalan elementos elásticos nos apoios (neopreno), e que reciben un taboleiro de madeira superior; uns 70 €/m2 (orzamento recibido no noso caso, que inclúe a nivelación).
- prefabricados: sistema modular (con variacións segundo o fabricante) comercializado como paneis que integran o taboleiro e os apoios flexibles, e que mediante unha conexión mecánica no canto permite vinculalos entre si quedando flotantes respecto a base; non se valorou para este proxecto, xa que precisarían a maiores doutro sistema de nivelación para corrixir os desniveis da soleira.

Solución do soporte:
- tags: baixo custo, autoconstrución, baixa tecnoloxía, experimentación, risco asumible.
- inspiración: internet (propostas teóricas e casos reais construídos).
- deseño: solución específica a partir de selección, combinación e adaptación de técnicas consultadas, a executar por persoal non cualificado co noso asesoramento.
- materiais: ‘churros’ de piscina (polietileno de cela pechada), taboleiro OSB 15 mm, taboleiro contrachapado 22 mm e 10 mm, tirafondos, polímero (adhesivo).
- ferramentas: coitelos de cociña, nivel láser, pistola seladora, serra circular, aparafusador eléctrico.
- concepto: dúas capas de taboleiro, contrapeadas e unidas entre si, en disposición flotante sobre apoios elásticos formados por secciones de churro de piscina de altura variable.
- execución:

  1. selección de entre os tipos diferentes de 'churros' existentes no mercado en base a probas de carga (deformación/recuperación).
  2. replanteo dos apoios aproveitando a retícula do terrazo (30x30 cm); disposición a tresbolillo (11-12 apoios/m2).
  3. obtención do nivel de cada punto.
  4. corte a medida dunha sección de 'churro' para cada apoio (estímase unha altura ideal duns 3 cm e admítense diferenzas máximas de 2 cm para evitar respostas moi desiguais dos diferentes apoios > todas as seccións comprendidas entre 2,5 cm e 4,5 cm > nos puntos que a altura do 'churro' é insuficiente (70% dos apoios) complétase con calzos de taboleiro en distintas combinacións: 10, 15, 22, 10+15, 15+15, 15+22 mm).
  5. pegado con polímero ao terrazo de 'churro' ou 'churro'+calzo, segundo o caso (estimamos uns 1300 apoios executados).
  6. colocación dunha primeira capa de taboleiro OSB 15 mm, simplemente apoiada (respectando 1 cm de separación no perímetro respecto ás paredes).
  7. colocación dunha segunda capa de taboleiro contrachapado 22 mm (rectificados nos catro lados para encaixe perfecto), a matacorte respecto á primeira e aparafusada a esta.
  8. repaso de arestas con resalte mediante lixado ou recolocación de parafusos; varrido e listo para recibir o pavimento de pvc en rolo (neste caso montado con cinta dobre cara por simplicidade de execución).

Custo:
2500 euros + ive en material (pavimento de pvc aparte); sen custos de man de obra (autoconstrución) > 25 €/m2 para o soporte (fronte os 70 €/m2 da solución profesional).

Valoracións e outras consideracións:
- proceso de execución repetitivo que foi posible sistematizar facéndoo viable e axeitado ás capacidades dispoñibles.
- resultado satisfactorio do chan (aínda no primeiro mes de uso).
- durabilidade? > seguemento para comprobar a súa evolución co paso do tempo: desgaste do pvc nas xuntas entre taboleiros, deformación do soporte, etc.
- melloras do sistema: machiembrado das xuntas do taboleiro da capa superior para evitar movementos diferenciais entre eles (require ferramenta e coñecemento máis profesionais).
- risco asumido: en caso de que o sistema non funcionase, o principal investimento realizado (tempo adicado á súa construción aparte), que eran as dúas capas de taboleiro, podería ser reutilizado para aplicar unha solución artesanal rastrelada.

Etiquetas: Autoconstrución