Home / Novas /

Introdución á permacultura

Data:
xoves 25 e venres 26 de maio, de 16:30 a 20:30 h

Lugar:
A Casa da Fariña.
Praza de Azcárraga, 6- baixo. A Coruña

Prezo:
50 euros
*Se tes moito interese en participar pero non estás en situación de poder pagar os 50€, gustarianos que niguén quedara fora por este motivo, polo que ofertamos 2 prazas solidarias con prezo reducido 25€.

Obxectivos:
Coñeceremos diversas ferramentas e estratexias que a permacultura nos achega para o deseño e implementación de espazos de hábitat humano desde unha mirada do deseño ecolóxico aplicado.

Abordaremos temas como a eficiencia enerxética, a produtividade e o manexo hídrico partindo da arquitectura do lugar como punto de referencia.

Desde unha perspectiva permacultural entenderemos as construcións como un elemento máis dun ecosistema integrado de arquitectura, paisaxe e actividade humana.

>>Descarga o programa

Participantes:
Dirixido a arquitectos/as, paisaxistas, construtores/as e outros profesionais ou persoas interesadas e relacionadas co deseño e a creación de proxectos de hábitat.

Organiza:
Hábitat Social, S. Coop. Galega

Imparte:
Alexandre Grande Babarro

>>Información sobre Alexandre

​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​Inscrición:

Para a inscrición envíanos un correo electrónico a info@habitatsocial.coop cos teus datos: nome e apelidos, dni, dirección e teléfono de contacto

Etiquetas: Formación, Bioconstrución