Estudo de usos públicos para a recuperación do ámbito do Salgueirón

Data
2007
Promoción
Concellería de Urbanismo do Concello de Cangas
Autoría
Alejandro Fernández, Jesús Carrazoni, Carolina García, Jose Manuel Sánchez, Antonio Palma, Felipe Riola e Xiao Varela

Este estudo tivo o obxecto de analizar os valores e potencialidades dunha área clave para a identidade e para o desenvolvemento urbano e socioeconómico do municipio de Cangas, na provincia de Pontevedra.

O Salgueirón é unha zona de especial interese tanto polas súas cualidades ambientais (calidade do entorno natural costeiro) como pola súa riqueza patrimonial (presenza na zona do complexo da antiga factoría Massó) e que, non obstante, se ve ameazada por un proxecto privado consistente en urbanizacións de carácter residencial, un centro comercial e un porto deportivo que desatende, desaproveita ós valores presentes na zona.

Froito da forte contestación popular xurdida ante estes feitos, e encargado pola concellería de urbanismo do Concello de Cangas, nace este estudio pretendendo dar pé a unha alternativa coherente e sostible de desenvolvemento para a zona. Ademais das imprescindibles análise e diagnose elaboráronse unha serie de propostas que se consideraron axeitadas para manter a riqueza da área e á súa vez potenciar e mellorar o seu entorno inmediato mediante usos compatibles.

A intención última do traballo foi a elaboración dun planeamento previo para a zona que servise de pauta para o Plan Xeral de Ordenación Municipal, en fase de elaboración naqueles intres, e que contase coa implicación e consenso de todos os axentes implicados: a administración, a cidadanía e os distintos suxeitos económicos e sociais presentes.