Sala de ioga Cataventos

Data
2015
Situación
r/ Miguel Servet, 20 A Coruña
Promoción
Privada
Proxecto
Hábitat Social
Deseño
Julia Núñez (gráfica)

Intervención de mínimos para transformar un local en bruto (apenas os recebos e a porta do patio), situado en Montealto, nun pequeno centro de ioga. O baixo orzamento dispoñible leva a centrar os esforzos nuns poucos elementos: o chan (como plano sobre o que se desenvolven os exercicios), a iluminación, e un moble de almacenaxe polivalente.

Así, trabállase co cálido da madeira (tarima de piñeiro) para o chan, en contraste co branco uniformizador e minimalista do resto. Proponse unha iluminación artificial indirecta para acadar un ambiente confortable i evitar o cegamento dende os variados puntos de vista posibles segundo a postura. O armario para aloxar o material de apoio empregado durante as clases, deséñase móbil de xeito que, cando se separa da parede, permite obter dúas cabinas onde mudar de roupa antes e despois de cada sesión. Suprímense así os vestiarios, na procura de liberar o máximo de espazo para a sala.

Ademais, instálase un aseo con teito acristalado no que era outro patio de luces, moi reducido, e resólvese a fachada a nivel de imaxe exterior, entrada de luz natural e illamento térmico. Para o patio grande existe a previsión de acondicionalo aos poucos, ampliando o oco actual de fachada, de xeito que a súa presenza (plantas, luz) invada a sala.