Residencia literaria 1863

Data
2018
Situación
Rúa Rego de Auga, 46 A Coruña
Promoción
Privada
Proxecto
Hábitat Social
Xestión de obra
Hábitat Social

Neste edificio situado entre a rúa Luchana (actual Rego de Auga) e o calello do Inferniño (hoxe desaparecido), construído en 1863, a propiedade atopou as referencias históricas e culturais para desenvolver unha residencia temporal de escritores.

O edificio sufriu transformacións que fixeron perder o valor construtivo tradicional, ocultando e substituíndo os muros de pedra e os forxados de madeira orixinais. Pola configuración da escaleira do edificio, o piso divídese en dúas partes de similares dimensións. Na parte dianteira, onde as condicións de comunicación co exterior son máis vantaxosas, crease a zona de estar principal, cunha sala de estar e de traballo con cociña integrada. E na parte traseira, un cuarto de baño, un cuarto de descanso, e outro de lectura.

A maior parte das intervencións foi para recuperar o valor perdido do edificio: descubrir e recompoñer os muros de pedra, elementos orixinais, como fresqueiras, chemineas, ou fiestra, e o forxado de madeira. Empregouse morteiro de cal para o novo rexuntado, auga de cal para a fixación, e pintura ao silicato para aclarar os muros das estancias menos luminosas. A estos acabados pétreos nos muros perimetrais, se lles suma a madeira para os elementos horizontais de chan e teito. Gradualmente cara as estancias máis privadas ao fondo do piso, o branco ten máis protagonismo fronte os materiais orixinais, procurando maior luminosidade e xerarquía de ambientes.