Servizos

Estendemos a nosa labor a todas as escalas de intervención sobre o hábitat, ofrecendo diferentes servizos nos eidos do urbanismo, a arquitectura, e a intervención comunitaria.

En calquera destes casos, o noso xeito de traballo baséase na creación de espazos de participación para os diferentes axentes implicados (públicos, colectivos ou privados), potenciando as sinerxías e a coordinación. Así mesmo, ofrecemos unha xestión integral do proceso: dende a identificación e coñecemento das necesidades, pasando polo desenvolvemento das tecnoloxías construtivas ou sociais apropiadas e apropiables polas persoas usuarias, ata a execución das mesmas. Por outra banda, procuramos solucións adaptadas aos recursos dispoñibles, analizando e propoñendo diferentes actuacións segundo cada circunstancia.

No concreto, estes servizos materialízanse a través de:

Estudos e informes

  • Elaboración de documentos de análise, identificación e diagnose do hábitat.
  • Inventariado, diagnose e proposta de usos para espazos públicos e privados.
  • Investigación de tipoloxías construtivas e edificatorias, tecnoloxías e materiais.
  • Investigación e deseño baseado en modos alternativos do habitar (cohousing, cesión de uso...).
  • Asesoramento en cuestións urbanísticas e técnicas.
  • Simulación do comportamento enerxético de edificios e asesoramento en solucións eficientes.
  • Estudos de viabilidade para proxectos e obras.

Plans e proxectos

  • Edificación (obra nova, rehabilitación e reformas) atendendo a criterios de bioconstrución, arquitectura bioclimática, baixo custo...
  • Rexeneración urbana (mellora das condicións habitacionais en tecidos residenciais, reutilización e acondicionamento do espazo público...).
  • Formulación de plans de ordenación e de estudos globais de dinamización territorial.
  • Recuperación e dinamización rural (ecoaldeas, núcleos abandonados…).

Xestión de procesos

  • Deseño de estratexias de activación e dinamización de procesos participativos e cooperativos da cidadanía.
  • Deseño e xestión de plans de inclusión social.
  • Dinamización e asesoramento de procesos de autopromoción e autoconstrución.
  • Xestión integral de obras.

Formación e sensibilización

  • Deseño e organización de xornadas e obradoiros (bioconstrución, cooperativismo...).
  • Elaboración de materiais didácticos e divulgativos.