2ª sesión de traballo. Xoves 20 de Outubro (4 horas)

Este xoves tivo lugar a segunda sesión do obradoiro de análise crítica no local de Hábitat Social, na rua Ángel Rebollo en Montealto.

Comezamos cunha presentación con diferentes exemplos e formas de participación, con exemplos tan dispares como a Quinta Monroy de Aravena e Elemental Chile ata o exemplo do 15-M, como outro tipo de construcción do público e como novo mecanismo de comunicación.

A media tarde, contamos ademáis coa visita de Xurxo Souto, que nos falou da sua experiencia como veciño do barrio e nos mostrou os seus coñecementos, virtudes e inquedanzas futuras sobre o entorno de análise.

O debate posterior levounos a estructurar a liña de traballo en dous grandes bloques: por un lado, levar a cabo unha análise crítica do territorio concreto e por outro, plantexar unha proposta metodolóxica de construcción de cidade abstracta, pero á sua vez non concretizada no lugar.

Cuestións de oportunidade, cuestións de necesidade, carga pedagóxica do proceso, formación, oportunidade de resposta fronte as necesidades serán algún dos conceptos a ter en conta e sobre os que seguiremos investigando nos próximos días.

This entry was posted in Documentación. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta