Que cidade queres?

Despois de catro sesións colectivas de analise do territorio e de dúas xornadas intensas de debate e traballo sobre a proposta definitiva, lanzamos un panel que baixo o título ‘Que cidade queres?’ trata de sintetizar os pontos problemáticos que atopamos no concreto (borde litoral), as potencialidades específicas que observamos, e as propostas metodolóxicas que, como un conxunto, entre aquelas persoas que participamos do obradoiro acordamos propor.

A proposta ‘Que cidade queres?’ que apresentamos como crítica propositiva ao ‘Concurso de Ideas: Reordenación del borde litoral en la Ensenada del Orzán A Coruña’
[www.concursoensenadaorzancoruna.es/] é un primeiro paso que pretendemos aprofundar con presentacións e discusións con actores sociais da cidade.

Posted in Información | Leave a comment

3ª sesión de traballo. Venres 21 de Outubro (4,5 horas)

Nesta sesión comezamos traballando en dous grupos, un adicado á análise crítica do territorio concreto (borde litoral) e outro encargado de elaborar unha proposta metodolóxica para a redacción da proposta de construción colectiva da cidade. Podedes ver nunha das imaxes o esquema de traballo desarrollado por este segundo grupo. A sesión rematou cun intenso debate do que tiramos moitas referencias para seguir traballando.

Continue reading

Posted in Documentación | 1 Comment

2ª sesión de traballo. Xoves 20 de Outubro (4 horas)

Este xoves tivo lugar a segunda sesión do obradoiro de análise crítica no local de Hábitat Social, na rua Ángel Rebollo en Montealto.

Comezamos cunha presentación con diferentes exemplos e formas de participación, con exemplos tan dispares como a Quinta Monroy de Aravena e Elemental Chile ata o exemplo do 15-M, como outro tipo de construcción do público e como novo mecanismo de comunicación.

A media tarde, contamos ademáis coa visita de Xurxo Souto, que nos falou da sua experiencia como veciño do barrio e nos mostrou os seus coñecementos, virtudes e inquedanzas futuras sobre o entorno de análise.

O debate posterior levounos a estructurar a liña de traballo en dous grandes bloques: por un lado, levar a cabo unha análise crítica do territorio concreto e por outro, plantexar unha proposta metodolóxica de construcción de cidade abstracta, pero á sua vez non concretizada no lugar.

Cuestións de oportunidade, cuestións de necesidade, carga pedagóxica do proceso, formación, oportunidade de resposta fronte as necesidades serán algún dos conceptos a ter en conta e sobre os que seguiremos investigando nos próximos días.

Continue reading

Posted in Documentación | Leave a comment

Xoves 20

Mañá xoves comezamos a traballar no Obradoiro.

Comezaremos, na compaña de Xurxo Souto,  a localizar ámbitos de interese, conflictos, analizar o territorio, formas de creación de cidade, etc…

Dende as 16:30 horas, no local de Hábitat Social, na rúa Angel Rebollo 57 (porta vermella)

 

Posted in Programa | Leave a comment

Roteiro sabado 15

Trala presentación do venres na ETSAC, este sábado pola mañá tivo lugar a primeira das xornadas do obradoiro de análise crítica. Estivo organizada en dúas partes.

A primeira delas, cun carácter introdutorio, consistiu nunha presentación sobre o que podería ser unha metodoloxía para unha análise deste tipo, xunto cunha exposición de diferentes exemplos de cartografías críticas.

Aproveitando o bo tempo, a segunda levounos a percorrer a modo de deriva o ámbito de estudio (o borde litoral da Enseada do Orzán) dende a Domus ata o Millenium. A intención era a de tomar contacto coa realidade a analizar, de xeito que fose posible comezar a recibir impresións e intuír algúns aspectos relevantes. Organizouse en torno a cinco paradas estratéxicas nas que se apuntaron diversas consideracións, como os impactos do paseo marítimo sobre o medio natural e sobre a cidade (desaparición dos barrios de Matadeiro e San Roque de Afora), o papel deste como motor de crecemento (especulativo) doutras áreas (Monte Alto, Os Rosais) ou mesmo como eixo vertebrador dunha estratexia de imaxe de cidade (equipamentos, fitos, tranvía, etc.), así como a existencia de espazos públicos residuais que adquiren un uso non previsto, presentando unha grande potencialidade.

Posted in Documentación | Leave a comment