Formadores

módulo 1: Marta Salgado.
Aparelladora e arquitecta de interiores. Conta con ampla formación en bioconstrución e impartiu diversas charlas e obradoiros sobre técnicas con barro. Actualmente dedícase á investigación e ó desenvolvemento de proxectos e sistemas de construción centrados na ecoloxía social e ambiental, así como ó asesoramento en autoconstrución.

módulo 2: Luciano López Hernández.
Investigador en técnicas tradicionais de revestimento. Ten formación en revocos de cal, thadelak, microcementos, dourado ó auga, e imitación de mármore con pintura ó óleo. Na actualidade desenvolve a súa actividade como pintor elaborando artesanalmente as súas propias pinturas.

Deixa unha resposta