Inscrición

A inscrición no obradoiro pode facerse para un só módulo ou para os dous. Os custos son:

– módulo 1: 55 €
– módulo 2: 35 €
– obradoiro completo: 80 €

Neste prezo inclúense:
– a asistencia ás clases de teoría e práctica;
– o material didáctico en formato papel e dixital;
– os xantares correspondentes, así como a posibilidade de acampar con acceso a aseo e ducha na parcela onde se desenvolverá o obradoiro;
– o IVE.

A data límite para formalizar a inscrición é o 22 de Maio. As prazas son limitadas, cun máximo de 20 persoas e un mínimo de 15. En caso de que non se poidese realizar por non acadar o número mínimo de participantes ou por outra causa de forza maior, devolverase o importe íntegro da matrícula.

O pago pode facerse por dúas vías:
– personalmente no local de Hábitat Social, en Praza de Azcárraga, nº6 da Coruña,
– mediante ingreso na conta de Arquia (Caja de arquitectos): 3183 1500 99 0001071350, cos conceptos: “módulo 1”, “módulo 2” ou “obradoiro completo” segundo corresponda. A continuación debedes enviar o comprobante de pago á dirección: info@habitatsocial.coop cos vosos datos (nome e apelidos, teléfono e correo). Tamén podedes enviar ó mesmo correo as vosas dúvidas e cuestións sobre o obradoiro.

Deixa unha resposta