Nova formación en sistemas de construción natural: ‘Ligth straw clay’ e entrelazado’

cartaz

Aproveitando á incorporación de técnicas construtivas non convencionais na rehabilitación dunha casa de campo que estamos levando a cabo, propoñemos unhas xornadas formativas para dalas a coñecer e afondar nas mesmas.

O ‘light straw clay’ (barro alixeirado) e o ‘entrelazado’ son sistemas tradicionais (o segundo deles, habitual na arquitectura popular galega) de moi baixo impacto ambiental que teñen en común o uso da arxila e da palla. O ‘light clay’ emprégase na construción de envolventes dada a súa boa capacidade illante, mentres que o ‘pallabarro’ ou ‘entrelazado’ axéitase mellor á construción de particións interiores. Despois dos cursos de construción con palla e de recebos e pinturas naturais, onde barro e palla foron os protagonistas, continuamos a presentar as diferentes posibilidades de uso destes materiais.

As xornadas terán un carácter teórico e práctico. Organizaranse en dous módulos, un por cada técnica, ambos de dous días de duración. A asistencia ás xornadas é gratuíta, previa inscrición (independente para cada módulo), sendo 10 o número máximo de prazas.

Lanzamos agora a convocatoria para o primeiro dos módulos, e en breve, teredes información sobre o segundo:

módulo 1: ‘light straw clay’

A técnica consiste principalmente na construción dun cerramento vertical mediante unha mestura de arxila e palla (en diferentes proporcións segundo prime o illamento ou a resistencia) que se coloca entre os montantes dunha subestrutura de madeira, ben directamente empregando encofrados ou ben como adobes. En certos estados dos EE.UU, estes sistema atópase regulado contando con lexislación propia. A mestura máis illante pódese empregar tamén como trasdosado ou como illamento de forxados.

data:    xoves 1 e venres 2 de xuño
lugar:     O Castro, parroquia de Corcoesto (Cabana de Bergantiños)
imparte:     Alex F. Palicio (Arquitecto. DSA terre) tecnoloxia/s apropiada/s (www.tecnoloxiasapropiadas.wordpress.com)
organiza:     Hábitat Social, S. Coop. Galega
loxística:     posibilidade de acampar, dispoñibilidade de aseo e ducha, comida por conta de cada un (existe un bar a 1 km e restaurantes a 6 km)

inscrición: info@habitatsocial.coop

This entry was posted in barro, palla. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta