Category Archives: palla

entradas do blogue do obradoiro de palla

Terceira xornada

Xornada completa de traballo. Durante a mañá, distribuidos en equipos colocouse o zuncho inferior e as jambas, rematouse o zuncho superior, tamizouse a arxila, prepararonse as varas de bambú de atado das fiadas, e preparouse o barro. Na tarde foronse colocando as balas de palla unha tras outra ata chegar a completar todos os muros.

Imaxe de (case) todo o equipazo
Posted in palla | Leave a comment

Primeiras xornadas

Primeiras duas xornadas de obradoiro. Durante a maña Carolina Martínez [bioconstruirme] mostrounos os aspectos constructivos, normativa, exemplos, materiais, técnicas, etc da construción natural en palla.

Na tarde comezamos polos traballos de carpintería e preparación do alpendre coa dirección de Gustavo Sánchez [GSM Servizos de Construción Natural]. Zunchos, as grapas da palla e marcos dos ocos.

Comezouse a preparar e cortar a palla, para maña deixala colocada.

Posted in palla | Leave a comment

Vivenda en Tordoia

Onte visitamos a vivenda de construción natural en Tordoia. A construción ten unha superficie útil aproximada de 65m2, e 85m2 construídos, feita co sistema greb, estrutura de madeira de pino e pechamento de balas de palla.

fotos da visita:

Encheuse o foxo de cimentación con cachote, e realizaronse os muros de sobrecimentación con formigón con cemento tipo I e fibras de perlom. Feito isto recheouse con grava e zahorra natural, para colocar o caviti do forxado sanitario ventilado. O perimetro da vivenda está composto por unha subestrutura interior de madeira e outra exterior, coa palla entre elas. As cerchas da cuberta soportan o taboleiro de osb, o impermeabilizante e o remate. As divisións interiores serán con ladrillo cerámico, e os acabados con cal e terra.

fotos de GSM Servizos de construción natural:

Posted in palla | Leave a comment

Confirmación do obradoiro

Unha vez pechado o prazo principal de inscrición, xa podemos confirmar que co número de persoas apuntadas vai ser posible levar a cabo o obradoiro. Así, en breve vos informaremos sobre algunhas cuestións prácticas de cara ó comezo do curso. Indicar tamén que quedaron prazas libres, polo que se alguén ten interese en asistir, aínda pode facelo.

Por outra banda, ó longo desta semana nos comunicaremos coa xente interesada na visita á obra de Tordoia para organizar a hora e o desprazamento ata alí.

Posted in palla | Leave a comment

Visita a obra

O día 17 de Septembro realizaremos unha visita á obra de construción híbrida con palla que GSM-bioconstrución está a realizar en Tordoia. Todas as persoas que desexedes visitala tedes que enviar un correo á dirección info@habitatsocial.coop co voso nome, teléfono e correo de contacto para poder organizarnos. O número máximo de visitantes terá que ser limitado a 20 persoas polo que as persoas que estean inscritas no obradoiro terán preferencia.

Imaxe do lugar. Xuño. GSM-bioconstrución
Posted in palla | Leave a comment

O Alpendre

Aquí podedes ver os planos da construción que imos realizar durante o obradoiro. Trátase dun alpendre para gardar ferramentas e apeiros que dará servizo á horta e á finca da casa O Rial.

Aínda que é un elemento pequeño e sinxelo, vainos permitir experimentar con el moitas das cuestión prácticas que hai que afrontar á hora de traballar coa palla como sistema portante (sistema Nebraska). Deste xeito, o seu deseño trata de conxugar o aspecto didáctico co funcional, e contou na súa definición coa participación da familia da casa.

A nivel construtivo, o alpendre consta dunha cimentación de cachote, tres fiadas de termoarxila para separalo do terreo, muros portantes de balas de palla, e unha cuberta lixeira con estrutura de madeira. As carpinterías da fiestra serán reutilizadas.

Posted in palla | Leave a comment