20

Reforma de vivenda nos Mallos (A Coruña)

Partindo dun piso familiar cunha distribución orixinal moi pouco flexible e que limitaba  enormemente a importante entrada de luz no mesmo, Luis e Martin buscaban readaptalo
ás súas necesidades.

Así, precisaban dunha zona de día ampla e diáfana, na que puideran ter cabida diferentes usos, e que estivera conectada pero que fora independizable da cociña; o que se logrou recurrindo ás mínimas divisións interiores e mediante o emprego de mobiliario para almacenaxe (o cal constituía outra das súas prioridades).

Ao mesmo tempo. este espazo se separou da zona de noite a través dun núcleo húmido conformado polas cabinas da ducha e inodoro, garantindo desta maneira o carácter máis
íntimo e privado do dormitorio.

Dende o primeiro momento apostaron por materiais e sistemas construtivos acordes coa súa propia natureza e respectuosos co medio ambiente: a cortiza, a fibra de madeira, o barro, a cal ou  a madeira están presentes como illamento ou acabado en diversas zonas; resultando desta maneira unha vivenda de baixo impacto ambiental e, ao mesmo tempo, con carácter propio.

 

portas