OBRADOIROS_Cans

Obradoiro Ducia de Cans

O espazo de intervención cultural Normal, da Universidade da Coruña, acaba de lanzar a convocatoria para participar no obradoiro Ducia de Cans, que conduciremos dende Hábitat Social xunto co estudio Creus e Carrasco.

http://istoenormal.org/gl/actividades/obradoiro-ducia-de-cans

O curso propón a reflexión sobre a reconversión do cotián que suxire o Festival de Cans, incidindo na perspectiva territorial, na transformación do espazo habitado, e na interpretación das súas formas construídas. O curso desenvolverase en dúas fases, unha inicial, máis teórica, de análise e deseño colectivos, e outra a continuación, máis práctica, a modo de obradoiro de montaxe da solución proposta, a cal servirá de soporte físico da exposición Ducia de Cans, que ocupará a Normal entre os meses de novembro de 2014 e xaneiro de 2015.

Indicar que a participación no curso está aberta a toda a xente e non só a estudantes da UDC, así como que o prazo de inscrición é especialmente breve xa que a primeira fase comeza xa o luns dia 13 de outubro.

Animádevos a participar nesta experiencia de reflexión, deseño e construción colectivas!

+info no pdf

OBRADOIROS_Cans_b

2 reflexións sobre “Obradoiro Ducia de Cans

  1. Pingback: Obradoiro / DUCIA DE CANS / Del 13 al 30 de octubre de 2014 en Normal (UDC) | Galicia Cidade e Territorio

  2. Pingback: » DUCIA DE CANS / Obradoiro / 13>30-OCT-2014

Os comentarios están pechados.