El Buen Vivir

En sincronía cos tempos actuais o concepto de vida evapórase do nosa comprensión como un valor de cambio, mostrándose tan difícil de comprender como complexo de calcular.
O modo de vida das sociedades occidentais converteuse nunha máquina de produción acompañada de efectos devastadores que impregnan as formas nas que pensamos, construímos e habitamos o territorio. No que ten que ver coas construcións físicas e as relacións sociais estamos non poucas veces obrigados a seguir ritmos que somos incapaces de controlar.
Poren, as formas de vida de cada sociedade son a expresión de forzas sociais, culturais e ideolóxicas que modelan as relacións de produción e o tempo de vida. Sen embargo incluso no occidente europeo, cada vez máis xentes poñemos en discusión o noso propio estilo de vida sendo conscientes de que, como afirmaban as civilizacións mediterráneas nos comezos da historia ‘o tempo de vivir é breve e irreparábel’ e os recursos do planeta, tan multiples como finitos e limitabeis.
A arquitectura, o urbanismo e as disciplinas imbricadas na construción dos nosos entornos de existencia aparecen atravesadas por influencias diversas na súa visión e procedencia. De este modo, nun momento de agrietamento absoluto das nosas sociedades propoñamos como elemento fundamental desenvolver novas olladas coas que meditar e experimentar novas configuracións. De aí que baixo o epígrafe “O bo vivir, oportunidades para a emancipación e a vida digna” tratemos de poñer en discusión a posibilidade transversal de rexeneración dos nosos entornos. A proposta, vivir proporcionada e adecuadamente con menos. O método, investigar colectivamente como axustarse aos límites físicos con criterios de xustiza e igualdade social.

Encontro internacional de arquitecturas colectivas.

11-14 Setembro 2013. Valadares, Galiza.

visitar páxina do encontro

logo_acg13_gris

 

Unha reflexión sobre “El Buen Vivir

  1. Pingback: “O bó vivir, oportunidades para a emancipación e a vida digna" | Arquitecturas colectivas | Galarq Arquitectura

Os comentarios están pechados.