Coruña (sub)Mariña

$RUBA9PLPoñemos en marcha (a modo de pre-estrea) a última das iniciativas nas que vimos traballando estes meses:  Coruña (sub)Mariña

http://habitatsocial.coop/corunasubmarina/#home

Fala da memoria desta cidade, en concreto da relación entre ela e o mar. E nace pola preocupación de intuír como hai unha chea de cabos desa relación que se van soltando e perdendo de vista ata desaparecer finalmente. Evitar a desmemoria e axudar a re-coñecer a cidade que habitamos para saber quen somos é o obxectivo desta proposta. Por iso, lanzamos un convite en forma de mapa colaborativo, para que entre todas poidamos sacar a luz esas historias, anécdotas, lugares perdidos, xeitos de vida, topónimos, etc. que nos falan da Coruña mariña e mariñeira, e así recompilalos e agrupalos nun único espazo de referencia.

Ata finais de setembro o mapa non está operativo pero gustaríanos que dende xa comece a ter difusión e que ademais nos fagades chegar suxestións e ideas que axuden a rematar de perfilar e enriquecer o proxecto.

Para que esta cidade deixe de ser (sub)mariña e retorne mariña!