Home / Novas /

Nova formación en sistemas de construción natural. Módulo 2: entrelazado

08/06/2017

Tralo módulo primeiro, retomamos a formación en sistemas de construción natural coa convocatoria para o segundo, que se centrará na técnica do entrelazado ou pallabarro.

De novo, o módulo proponse cunha duración de dous días e a asistencia é gratuíta, previa inscrición. Desta volta, o número máximo de prazas é de 15 persoas.

módulo 2: ‘entrelazado’

Esta técnica aplícase na construción de particións verticais. Consiste nun bastidor de madeira e mais un entramado interior de ramas, cañas ou barrotes que fai de soporte a unha mestura de palla e barro que, aplicada polas dúas caras, pecha o conxunto. Trátase dunha técnica tradicional moi estendida. Aparece con pequenas variantes na arquitectura popular de diferentes países, entre eles Galicia.

data mércores 21 e xoves 22 de xuño
lugar O Castro, parroquia de Corcoesto (Cabana de Bergantiños)
imparte Marta Salgado (Arqtesanía) (https://arqtesania.wordpress.com/)
organiza Hábitat Social, S. Coop. Galega
loxística posibilidade de acampar, dispoñibilidade de aseo e ducha, comida por conta de cada un (existe un bar a 1 km e restaurantes a 6 km)
inscrición info@habitatsocial.coop

Etiquetas: Formación