Arquivo da categoría: Sen categorizar

Curso de depuración autónoma de augas residuais

 

cartaz vertical A3_peq_2

Obxectivos:
- Comprender os procesos de contaminación das augas residuais urbanas
- Desenvolver a capacidade técnica para poder acometer todas as fases de deseño, xestión administrativa, construción e mantemento dun sistema de depuración autónomo doméstico ou de núcleo, con criterios sustentables.

Poñente:
Javier Santiago Díaz, Enx.Forestal. Tp3 Enxeñería Natural (grupo AGUAinc.)

Público:
Persoas relacionadas coa arquitectura, urbanismo, enxeñería, construción ou autoconstrución, e calquera outra interesada na temática. O número de asistentes limitarase a 30 por cuestións de espazo.

Data e lugar:
26 e 27 de Xaneiro de 16:00 a 20:30 h na Casa da Fariña (Pza Azcárraga 6, A Coruña)

Matrícula:
Normal: 40 € / Reducida para estudantes, persoas socias de Espiga e pronto pago (ata o 15 de xaneiro): 30 €

Inscricións:
Para inscribirse é necesario envíar un correo electrónico a info@habitatsocial.coop cos seguintes datos: nome e apelidos, dni, dirección e teléfono de contacto xunto co xustificante de ingreso da matrícula no seguinte número de conta:

BIC: CASDESBBXXX       IBAN: ES09 3183 1500 9900 0107 1350

Programa:
Poderá sufrir pequenas modificacións pero fundamentalmente tratará as seguintes temáticas. Descarga aqui: programa revisado

NOTA (actualización 23 xaneiro):
- Ultimas 5 prazas para completar o aforo, disponibles ata este xoves dia 26

Coruña (sub)Mariña

$RUBA9PLPoñemos en marcha (a modo de pre-estrea) a última das iniciativas nas que vimos traballando estes meses:  Coruña (sub)Mariña

http://habitatsocial.coop/corunasubmarina/#home

Fala da memoria desta cidade, en concreto da relación entre ela e o mar. E nace pola preocupación de intuír como hai unha chea de cabos desa relación que se van soltando e perdendo de vista ata desaparecer finalmente. Evitar a desmemoria e axudar a re-coñecer a cidade que habitamos para saber quen somos é o obxectivo desta proposta. Por iso, lanzamos un convite en forma de mapa colaborativo, para que entre todas poidamos sacar a luz esas historias, anécdotas, lugares perdidos, xeitos de vida, topónimos, etc. que nos falan da Coruña mariña e mariñeira, e así recompilalos e agrupalos nun único espazo de referencia.

Ata finais de setembro o mapa non está operativo pero gustaríanos que dende xa comece a ter difusión e que ademais nos fagades chegar suxestións e ideas que axuden a rematar de perfilar e enriquecer o proxecto.

Para que esta cidade deixe de ser (sub)mariña e retorne mariña!

A palleira de Rubián

Dende hai uns meses estamos traballando na recuperación dunha construción tradicional no sur da provincia de Lugo, en concreto no núcleo de Rubián. A construción, que foi unha palleira e parece ser que tamén xa foi vivenda nalgún momento, situase nunha parcela onde existe outra construción chamada a Casa do Pacio e cuxa escala, escapa polo momento ás posibilidades de ser rehabilitada por Roberto e a súa familia, os propietarios.

A idea de Roberto é poder rehabilitala para utilizala como unha vivenda con espazos flexibles nos que nun momento dado poda ter a xente aloxada, facer actividades de grupo, etc. buscando dalgún modo poder fuxir da cidade cara unha alternativa nun entorno rural.

A través das fotos antigas da palleira apreciase como foi unha construción cun grande encanto e multitude de posibilidades para adaptala ao novo uso. Ainda que actualmente se atopa moi deteriorada, a súa planta rectangular e estrutura sinxela, fai que as posibilidades para a proposta sexan múltiples e flexibles.

A pesar de que os recursos son limitados, a ilusión por dignificar un espazo que pertenceu a súa familia e recuperalo dunha morte segura é o que nos motiva principalmente. Ademáis diso, o interese pola utilización de materiais naturais e tradicionais denota a sensibilidade e respeto a un patrimonio esquecido. Con estas premisas, estivemos realizando un anteproxecto para adaptar a palleira ás novas circunstancias conservando a súa estrutura de muros de pedra, forxado e cuberta de madeira con cubrición de lousa de pizarra repectando todo o posible a construción orixinal. Agardamos que poda ser aprobado pola Xunta nun prazo de tempo curto e poder seguir traballando.

Neste senso, queremos amosar a nosa preocupación pola lentitude na resolución dos procesos burocráticos deste tipo de proxectos, o cal repercute no pouco interese da poboación por levar a cabo a recuperación do patrimonio, ademáis de crear desconfianza no procedemento legal de pedir licenza, provocando que as intervencións de rehabilitación en moitos casos se fagan ilegalmente e sen o control da administracion. Gustarianos facer unha chamada de atención tanto a técnicos para que sexan responsables e teñan en conta as necesidades dunha poboación que non ten moitos apoios para poder levar a cabo estas recuperacións, como a políticos para fomentar e axudar á recuperación deste patrimonio.