Arquivo da categoría: opinión

El Buen Vivir

En sincronía cos tempos actuais o concepto de vida evapórase do nosa comprensión como un valor de cambio, mostrándose tan difícil de comprender como complexo de calcular.
O modo de vida das sociedades occidentais converteuse nunha máquina de produción acompañada de efectos devastadores que impregnan as formas nas que pensamos, construímos e habitamos o territorio. No que ten que ver coas construcións físicas e as relacións sociais estamos non poucas veces obrigados a seguir ritmos que somos incapaces de controlar. Seguir lendo

O estaleiro de Purro

Hai uns meses, o Concello de Bueu, motivado pola loita e a presión veciñal(1), paralizou a demolición dun dos poucos estaleiros de ribeira que se conservan no País(2).
Dende Hábitat Social estábamos motivados en participar nun concurso que partía dos desexos da cidadanía porque nos parecía un caldo de cultivo fabuloso para unha solución que a puidese involucrar de maneira proactiva. A nosa sorpresa chega cando nos atopamos cunhas bases elaboradas pola Xunta a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, que restrinxían a participación con requisitos de obra construída que practicamente ningún profesional que comezara a traballar antes do estoupido inmobiliario podería cumprir (pto. 10).
Entendemos que a proposta máis interesante xurdida dun concurso, non ten que ver co volume de obra construída previamente, para eso hai unha xente chamada xurado que ten a laboura de sopesar e elexir. Tamén cremos na nosa capacidade e solvencia como técnicos á hora de desenvolver e levar a cabo un proxecto, a solvencia non é cuestión de cantidade senón de calidade.
Esto non é máis que outra maniobra corporativista para seguir dando xogo aos mesmos, empurrando a marchar á xente nova con ganas de facer as cousas de outra maneira(3).
Nós seguiremos dando guerra; esperando que a veciñanza de Bueu atope unha solución axeitada á súa demanda.

(1) Facebook da plataforma veciñal.
https://www.facebook.com/pages/SALVEMOS-O-ESTALEIRO/
(2) Bueu comeza a salvar un dos últimos estaleiros tradicionais.
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/7279.html
(3) Máis de 65.000 emigrantes amortiguan o paro xuvenil en Galicia dende o inicio da crise.
http://www.eldiario.es/galicia/emigrantes-amortiguan-juvenil-Galicia-crisis_0_110939139.html

Sobre Corcoesto

Como Habitat Social, unha cooperativa na que tratamos de basear o noso traballo nunha revisión da relación entre a natureza e os seres humanos, atopamos miles de razóns para estar pola vida e, consecuentemente, contra a mineiria salvaxe. Hai ademáis, decenas de poderosos argumentos para unha nítida toma de posición: o expolio natural e económico, o cianuro, as toneladas de entullo, a destrucción dun ecosistema rico e de usos variados.. En realidade, tantas razóns hai, como formas de vida coexisten en Corcoesto ou en calquera lugar ameazado pola nocividade extractivista.

Pero nós, como cooperativa, como proxecto de autoemprego que fomenta a economía social, queríamos deternos nunha breve reflexión. Como comunidade humana, como pais, miles de nós camiñaremos o domingo as rúas de Compostela en defensa da supervivencia dun medio físico, pero tamén dun tecido social vivo no mundo rural. E como comunidade cumpre que sexamos quen de avanzar para construir, colectivamente, unha sociedade onde non exista espazo para quen trata de aproveitar, para o beneficio privado, unha situación de fonda crise económica e social.
Aproveitar a enerxía colectiva conxugada para artellar, sobre o apoio mútou e a cooperación social un Corcoesto, un Bergantiños, un Pais que descanse sobre o ben común e o benestar social.

Cartaz-2-de-xuño-2

Participación cidadá, transparencia e outras quimeras urbanas.

No que ten que ver coa construción da cidade, A Coruña adquiriu nos derradeiros 30 anos unha bagaxe extraordinaria. Extraordinaria, como fora do ordinario, claro. Apenas cumpre fixarse como mentres cada vez máis cidades do continente abogan por abrir vías para a construción participativa da cidade, n’A Coruña teimase en facer da ‘Transparencia’ unha fantasia en modo de obxecto de desexo inalcanzábel e da ‘Rendición de contas’ simplemente un anhelo fabulado.
Non é baladí nos días que atravesamos lembrar que a implicación cidadá nos ámbitos de decisión e planeamento da cidade é a única base sobre a que pode descansar o desenvolvemento local equilibrado e a democracia participativa, elementos fundamentais para a integración das comunidades veciñais no exercicio da politica entendidad como ben común.

‘Un exsocio de Urdangarin diseña el futuro de A Coruña por 684.000 euros’
“El contrato del plan Coruña Futura no ha sido otorgado por los cauces habituales. El gobierno del popular Carlos Negreira lo adjudicó a través de la Fundación Emalcsa, una entidad definida como “privada” por sus estatutos pero que depende de Emalcsa, la empresa municipal de aguas (100% de capital público) de la que toma el nombre y el personal, ya que su plantilla está formada solo por el gerente, Manuel Aguilar López, exdirector de la moribunda Obra Social de Caixa Galicia. El Ayuntamiento se niega a revelar el sueldo de Aguilar porque, argumenta, no tiene obligación legal y se lo impide la Ley de Protección de Datos.”

20130301_futura

 

Nova no xornal El Pais o 1 de Marzo de 2013

O dito, participación cidadá, transparencia e outras quimeras urbanas.