Verificado
A Pescadería dos Mareantes
Pescadería
Os "arrabales" da Cidade Alta constituían un núcleo cheo de vida, unha zona moi dinámica comparable coa de outros enclaves similares, como pode ser o de Caión, Ares ou Malpica.
Aquí residían os membros dun dos gremios referentes para a cidade, o dos mareantes. Santo André (o seu patrón) sería a rúa de vertebradora de toda a actividade, cun largo que ronda os vinte metros (ningunha outra rúa da Coruña a supera) e onde se chegou a situar o hospital e a capela do gremio.
A partir do s. XVIII, co desenvolvemento do comercio e a aparición de novas instalacións como a aduana e o consulado marítimo terrestre na zona, producirase unha revolución liberal que provocará que a burguesía comercial e industrial se queiran instalar tamén aquí. Comezará entón a loita polo espazo entre mareantes e burgueses.
Aparecen tamén na Pescadería edificacións acordes ás novas institucións: o Teatro Principal, a Deputación provincial, o mercado de San Agustín e o palacio municipal de María Pita. Pouco a pouco a burguesía irá gañando espazo e poder aos mariñeiros, rematando coa disolución do gremio a finais do s. XIX.
Deixar un Comentario