Verificado

Piscina no canto de praia

Parrote

O hotel Finisterre foi erguido practicamente sobre os restos do antigo cárcere, no Parrote.

Daquela coruñeses e visitantes aínda podían gozar da pequena praia que había ao pé da muralla e que nas décadas posteriores sería soterrada para dar paso ás instalacións recreativas privadas de La Solana (dentro do recinto do propio hotel).

Durante moitos anos ditas instalacións impedirían o libre acceso ao mar nesa zona, ata que a comezos da década dos 90 do século pasado un novo recheo na baía por parte da Autoridade Portuaria permitira o tránsito de persoas entre a dársena da Mariña e o castelo de San Antón pola beira do mar a través dun paseo marítimo.


Imaxes:
- Praia do Parrote co castelo de San Antón ao fondo, década dos anos 10 (fonte: arquivo do Reino de Galicia)
- O "novo" hotel Finisterre coa praia do Parrote aos seus pés, década dos 50 (fonte: arquivo do Concello da Coruña)
- Vistas do castelo de San Antón dende a terraza do hotel, década dos 50 (fonte: arquivo do Concello da Coruña)
- "La Solana" e hotel Finisterre, década dos 60 (fonte: arquivo do Concello da Coruña)

Recursos audiovisuais

Piscina no canto de praia Piscina no canto de praia Piscina no canto de praia Piscina no canto de praia

Amplie categorías

Selecciona o tema correspondente: recheo | recreativo |

Deixar un Comentario
Nome:
Email:
Comentarios:
Código de Seguridade:
16 + 10 =

Informes adicionáis

Cidade Fortaleza

11:05 Sep 14, 2015

Cidade Vella, 0.11 Kms

Restos do Parrote

17:07 Aug 21, 2015

Porto, 0.22 Kms

Porta de San Miguel

17:19 Aug 21, 2015

Cidade Vella, 0.24 Kms

A Cidade do Vento

13:15 Sep 09, 2015

A Coruña, 0.25 Kms

Flota dos 200

18:34 Sep 21, 2015

Dársena da Mariña, 0.29 Kms