Verificado

Castelo San Anton

Paseo Alcalde Francisco Vázquez, 2 A, 15001 A Coruña

Sobre un pequeno illote, na ría da Coruña, edificouse a finais da Idade Media unha capela dedicada a San Antón, na que se recollía ós navegantes aqueixados do mal gangrenoso “Lume de San Antón”. Este illote foi máis tarde utilizado como lazareto, lugar de confinamento dos viaxeiros sospeitosos de padecer lepra.

As obras de construción do castelo de San Antón comenzaron en 1587. Durante o ataque inglés de Francis Drake en 1589, o castelo, aínda en construción, defendeu eficazmente coa súa artillería a muralla da cidade, feito polo que pasou a funcionar como unha construción defensiva.

No século XX uniuse a terra, deixando de ser unha illa. En 1960 o ministerio do Exército cedeuno á Casa do Concello, tras unha longa etapa como prisión militar, converténdose en 1964 en Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña.

Xunto co castelo de San Diego (hoxe desaparecido) e o castelo de Santa Cruz (no concello de Oleiros) formaba parte do sistema defensivo da cidade, impedindo o paso á bahía coruñesa ao levantar unha cadea entre eles.

O de San Diego foi construído durante a primeira metade do s. XVII. Abandonado no s.XIX, sería derrubado en 1963 para a ampliación do porto comercial.

Pola súa banda, o castelo de Santa Cruz será tamén abandonado xa no s. XVIII, co cese das invasións navais.

Imaxes:
-Castelo de San Antón unido por unha pasarela, 1948
-Castelo de San Diego, 1955 (fonte: Alberto Martí para La Voz de Galicia)
-Castelo de San Diego, 1962 (fonte: Alberto Martí para La Voz de Galicia)


Referencias bibliográficas:
- RODRÍGUEZ-VILLANTE PRIETO, J.A.: “Las defensas de Galicia”, Edicións do Castro,1984.
- SORALUCE BLOND, J.R.: “Castillos y Fortificaciones de Galicia”, Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa,1985.
- SORALUCE BLOND, J.R.; “O Castelo de San Antón”, Monografías nº1, Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, 1984.

Recursos audiovisuais

Castelo San Anton Castelo San Anton Castelo San Anton

Amplie categorías

Selecciona o tema correspondente: defensa

Deixar un Comentario
Nome:
Email:
Comentarios:
Código de Seguridade:
15 + 2 =

Informes adicionáis

Porta de San Miguel

17:19 Aug 21, 2015

Cidade Vella, 0.26 Kms

Piscina no canto de praia

18:11 Aug 21, 2015

Parrote, 0.46 Kms

Cidade Fortaleza

11:05 Sep 14, 2015

Cidade Vella, 0.57 Kms

Restos do Parrote

17:07 Aug 21, 2015

Porto, 0.63 Kms

Naufraxios na costa da morte

18:28 Sep 08, 2015

Pena das Ánimas, 0.66 Kms