Función

Estendemos a nosa labor a todas as escalas de intervención sobre o hábitat, ofrecendo servizos nos eidos do urbanismo, a arquitectura, e a intervención comunitaria. En calquera deles, o xeito de traballo baséase na creación de espazos de participación para os diferentes axentes implicados (públicos, colectivos ou privados), potenciando as sinerxías e a coordinación. Así mesmo, apostamos por unha xestión integral do proceso, que vaia dende a identificación e coñecemento das necesidades, pasando polo desenvolvemento das tecnoloxías construtivas ou sociais apropiadas e apropiables polas usuarias ou participantes, ata a execución das mesmas. No concreto, estes servizos materialízanse a través de:

Estudos e informes

  • Elaboración de documentos de análise, identificación e diagnose do hábitat físico e social.
  • Inventariado, diagnose e propostas de uso para espazos públicos e privados.
  • Investigación de tipoloxías, tecnoloxías e materiais.
  • Simulación do comportamento enerxético de edificios en asesoramento para solucións eficientes.

Plans e proxectos

  • Edificación (obra nova, rehabilitación e reformas) atendendo a criterios de construción natural, arquitectura bioclimática, baixo custo...
  • Rexeneración urbana (mellora das condicións habitacionais en tecidos residenciais, reutilización e acondicionamento do espazo público...).
  • Formulación de plans de ordenación e de estudos globais de dinamización territorial.
  • Recuperación e dinamización rural (ecoaldeas, núcleos abandonados…).

Procesos de xestión social

  • Deseño de estratexias de activación e dinamización de procesos participativos e cooperativos da cidadanía.
  • Deseño e xestión de plans de inclusión social.
  • Asesoramento en cuestións urbanísticas e técnicas.
  • Sensibilización en materias relacionadas co hábitat (urbanismo crítico, sostibilidade, participación cidadá...).
  • Dinamización de procesos de autopromoción e autoconstrución.

Aplicación de tecnoloxías constructivas

  • Xestión integral de obras.
  • Asesoramento en procesos construtivos vinculados a intervencións sociais sobre o hábitat.
  • Formación en sistemas de construción natural.