Equipo

As persoas socias traballadoras formamos o núcleo estable da cooperativa, aínda que a composición do mesmo é flexible e mudable no tempo (como corresponde coa lóxica deste tipo de organizacións da economía social). Na actualidade, este grupo integrámolo:


Iria Brandariz Otero

Arquitecta pola Universidade da Coruña en 2012. Máster en Formación do Profesorado pola Universidade Internacional Isabel I de Castilla en 2018. Conta con experiencia profesional en edificación de obra nova e rehabilitación. Asemade, desenvolveu distintos traballos no eido da educación, co obxectivo de fusionar ambas as dúas disciplinas.


Ramón Fernández Sánchez

Arquitecto especializado na rama tecnolóxica en 2008 e Máster en Urbanismo en 2012, ambos pola Universidade da Coruña. Experiencia en representación espacial e formal da arquitectura e dominio das ferramentas virtuais para a súa visualización e comprensión, así como das empregadas no análise urbano. Neste eido, participou en estudos sobre axentes, relacións, morfoloxía e elementos de configuración urbana.


Carolina Jack Lago

Arquitecta pola Universidade da Coruña en 2008. Máster en Renovación Urbana e Rehabilitación na Universidade de Santiago de Compostela en 2009. Colabora con Arquitectura Sen Fronteiras dende 2005, participando en proxectos de cooperación internacional e local, así como de educación para o desenvolvemento. Conta con experiencia profesional no ámbito da rehabilitación urbana e de vivenda, con especial atención á bioconstrución.


José Manuel Sánchez Vizcaíno

Arquitecto urbanista pola Universidade da Coruña en 2005. Experto en Construción sostible e en Aplicación de técnicas de rehabilitación pola Universidade de Santiago de Compostela. Membro do estudo Desescribir de 2007 a 2011, onde desenvolveu iniciativas de acción social e urbanismo participativo. Posúe experiencia no eido da edificación, destacando o traballo en distintos programas públicos de rehabilitación, así como en consultoría enerxética.


Ademais, seguindo os principios de interdisciplinaridade e traballo en rede, adoitamos ampliar o noso equipo en función das necesidades concretas de cada proxecto, para o que activamos diferentes colaboracións. Así mesmo, Hábitat Social intégrase ou participa doutras plataformas, cooperativas e redes como son EspazoCoop, Coop57, Som Energia, Arquitecturas Colectivas, Espiga, e Outra Forma de Vivenda.